Ó longo do tempo os humanos temos feito as nosas moradas (ocupado o espazo) de diferentes xeitos ata chegares á tupida rede urbana actual; dentro desta rede non é difícil distinguir entre aldeas, vilas, cidades, URBES e megápole. Si, xa sei que volto a botar mán da imaxinación para describir algo que xa está mais que visto, pero é así como alcanzo a describi-lo que percibo.
Ponferrada nestes 9 anos que levo morando nela ven de acada-lo chanzo de URBE para ben ou para mal. A conexión cunha vía de alta capacidade, o remozamento urbán incrementando o espazo peonil e desprazando a circulación cara un círculo ó redor do centro, a creación de zonas urbanas novas, a aparente mellora do transporte público... todo iso acadou o seu colofón coa apertura dun macroespazo comercial.
Eu non son moi partidario dese tipo de lecer aínda que recoñezo que nun día de choiva é mellor pasear por un espazo cuberto que quedar na casa e malia que a presenza de multitudes non me arreda ó certo é que xa dende fora o aspecto de mercado "reconvertido" por obra e maxia do márketing non se lle pode negar...Mais,!!! Que diferentes as mazás e a verdura dun mercado na rúa ás que están asépticamente envoltas nos plásticos da modernidade ¡¡¡. Este tipo de centros constituen os novos templos do consumismo e do isolacionismo da sociedade occidental actual e coas súa presencia calquera cidade se ve impulsada cara a unha nova categoría urbanística.
Normas para uns e para outros
De tódolos xeitos o que mais me indigna do acontecemento este é o xeito que se ten de facer certas cousas; hai uns meses coñeceuse en Ponferrada que un establecemento hostaleiro de ocio nocturno non podía abrir-las súas portas por non teren marcadas as liñas do aparcamento... Eu, que acudín ó acto de inauguración do centro, non vin mais que cables descubertos, roturas en chans e paredes, un parking tan cheo de polvo que a xente que tiña que dirixi-lo tráfico precisaba mascarilla e unha iluminación que fallaba minuto si e minuto tamén... O que ten moito delito dado o barato que lles saiu poñela.Nun aspecto mais legalista indigname que eu para poder visitar a que sería a miña vivenda tiven que agardar a ter a licencia de primeira ocupación e aquí temos unha chea de locais sen licencia de apertura e sen luz 'oficial'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario