Outra acción ¿valeira?

OUUUUuuuu

De igual xeito que os apagons masivos que non son masivos e, pode, que gasten mais enerxía en se convocar que a que formalmente se aforra; o día da acción blogue convócanos hoxe ós que temos a impudicia de publica-los nosos pensamentos sen ser "creadores de opinión" nen aspirantes a nobel da paz, a facer unha entrada sobor do medioambiente e a súa conservación.

Nun principio eu pensei en colocar simplesmente un enlace á etiqueta de Eko-lo-sis-mo na que englobo tódalas miñas paridas sobor do tema seguida de outro enlace á etiqueta Natureza de Chuza! e algunha referencia á falcatruada que se está a consumar a escasos 30 Qm. da miña casa coas torres do macroparque eólico de "El Becerril" como exemplo da terxiversación das ideas conservacionistas e do imperio da cultura do 'mono' (monocultivo de aeroxeradores). Mais onte mentras subía a costa de Molinaseca cara a Lombillo veume ó caletre cal debe se-la miña principal preocupación respecto do medio no que vivo.

Realmente é moi pretensioso pola miña parte pretender que cunhas verbas mal escritas nun sitio que só ven 4 ou 10 persoas se pode estar a facer algo pola conservación dos recursos da terra. Tamén é moi pretensioso coidar que reitera-la difusión das confusas novas que se van publicando sobor da forma na que estamos a acabar co mundo se pode captar algunha consciencia cara ó "lado da luz incómoda".

Porén diso coido que o meu papel debe se-la reflexión diaria e contínua, a acción día a día no meu propio facer para salvar ó mundo de min mesmo e, co meu exemplo real, facerlle chegar á miña 'audiencia de carne e oso' as preocupacions e os remedios que cada un de nós DEBE por para que, no día de mañan, @s que habiten na terra teñan unha vida tan boa como a nosa.

No hay comentarios: