OUUUUuuuu
Mentras os politicos profesionais seguen terxiversando con auténtica desvergoña as necesidades de reforma do sistema electoral segundo o eido que lles pete, perseguindo con 'flecos legais' a quen está farto da pantomima hereditaria na que se escudan os poderosos para domeñarnos e transformando os verdadeiros obxectivos desta politica pseudo-democrática de "goberno de todos" para "goberno dos nosos". Mentras todo isto acontece nas vesperas dunha nova convocatoria cómica a min me semella que existen grandes esperanzas de que, mercede ás tecnoloxías da información, se produza un auténtico "TROCO SOSEGADO".
Otra Democracia É Posible volta a ter algo de actividade nos seus foros e os seus membros comproban como varias das ideas alí expostas foron ou están a ter un "alter ego" dixital:
A breve mais intensa campaña de CONCORDATO.org posiblemente orquestada dende os sectores mais esquerdistas do partido no poder cesou de xeito misterioso xunto coa baixada da tensión entre o goberno de Madrid e a Conferencia Episcopal. Logo, o debate deixou o plano legal i económico das relacións igrexa católica-estado para enfocarse no eido educativo enrocado cadanseu protagonista na sua campaña propagandística de confusión.
Mais interesante i efectiva semella a idea de RESPONSABILIDADE POLÍTICA que percura a inclusión dun método para garantir que os políticos cumpran cos seus programas e, sobor de todo, percura a inclusión do dereito á revogación dos representantes como mellor mecanismo de control democrático. O emprego da "agrupación de votantes xeralista" é un sistema de chamada á autoresponsabilidade dos cidadans que, co seu voto, poden obrigar á inclusión de certos puntos nun programa electoral.
Outra iniciativa é a D3 (Democracia, Directa, Dixital) na que se exploran as posibilidades das tecnoloxías da información na transformación do actual sistema politico para achegalo a unha democracia ó mais puro estilo ateniense (sen escravitude e con tódol@s cidadans). Posiblemente se trate dun plantexamento novedoso por ter forma de partido político legalizado para loitar dende dentro contra eses grupos de intereses que son os partidos tradicionais. Neste eido caberá seguir con moita atención ás forzas recen xurdidas como Ciutadans, UPD, etc. para ver como lles vai afectando a necesidade de financiamento segundo van acadando representación ou posibilidade real de conquerila e como vai trocando a súa opinión no que respecta ás reformas politico-electorais segundo as súas necesidades.
Para rematar este pequeno repaso quixera invitarvos a visitar ERES PODEROSO unha páxina que fai un pouco de Parlamento Virtual no que tod@s poden participar e votar no tema de debate proposto para o mes. Tamén ten unha sección de foro para propor e ir debetindo outros temas. Destaca a presentación dunha sección de "Nuestras Cuentas" cousa que sería moi de agradecer nos partidos que se din independentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario