Como ben se sabe, e sin que ningun primo me teña aleccionado sobor delo, o problema da emisión de CO2 ten un dos seus cabalos de batalla no transporte automotriz; este tema ten diversas "frontes colaterales" como os atrancos circulatorios e os accidentes. Unha das alternativas nas que veño teimando é a inclusión da bicicleta como alternativa de transporte dentro do entramado urbano e complemento ás redes de transporte público en desprazamentos curtos.
Este concepto está a ser aplicado en diversas cidades creando sistemas de alugueiro barato de bicicletas que permiten "usar e deixar" o velocipedo por unha módica cota. Tal é o caso de BICING en Barcelona.
Trátase sen dúbida dun sistema que se atopa ben integrado co resto do transporte público pois en cadan súa estación de metro, tranvia, tren así como en moitas paradas de autobus se sinala dentro do mapa da zona a posición da estación mais próxima. Mais poñe-las bicis non é o único que hai que facer pois un sistema así só pode triunfar si as persoas que circulan nas bicis se sinten seguras e ofrecen seguridade ós demais; por elo se teñen integrado na rede viaria carriles-bici nas principais arterias. Sen deixar de lado á opción de emprega-la própia bicicleta para os que residindo nunha zona prefiren este medio para os seus desprazamentos locais; por elo se teñen colocado barras para aparca-las bicicletas ben repartidas por toda a cidade con especial atención ós centros de uso público.
En resumo, unha boa aplicación que, ainda pensada para residentes, pode aportar un xeito rápido de se desprazar pola cidade cando un visita barcelona.
De tódolos xeitos, e posto a facer de avogado do diaño: ¿Non teríamos que empregar casco ó desprazarmonos na bici?, coido que a normativa de circulación é clara no tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario