OUUUUuuuu
Nós no día de onte fumos a percura-las únicas cores que teñen interese: As cores do outono; desta volta fixemos o roteiro cara ós lagos de Burbia na verquinte berciana dos Ancares. Mais o mundo que semellaba tan lonxano i estrano no medio daquela fraga de carballos, acibeiros e teixos seguiu danzando e deixounos un contraste cando menos curioso.
Pola mañán realizouse o acto oficial de celebración do que sexa que se celebra e ali vimos ós uniformados civiles e militares cunha chea de armas a desfilar entre cores de perigo, rostros marciais e aires de seriedade. No medio delo os que falecen cumprindo cunha parte da nosa solidariedade internacional recibiron un sonoro abucheo.
Pola tarde a Hispanidade TODA reunida nas avenidas centrais de Madrid celebrouse a sí mesma ó son das músicas de tod@s coas cores de tod@s entre rostros sonrintes e xestos de alegría e parte da grande "lenda negra" da antigua e da actual expoliación dos recursos e persoas quedou redimida.
Nembargantes é preciso facer caso das indicacions dos nosos próceres e pedir un xesto si, un xesto para que escomence o reequilibrio das desfeitas provocadas, unha revisión do levado e do deixado. Agora que se inicia a semana de acción global contra a débeda externa é preciso abandoa-la hipocresía que nos resposta que "a culpa é dos seus gobernantes" e deixemos claro que a culpa é de quen se beneficia de semallante expolio e destrucción.
Non por elo sen precaución co que se fai porque si contra a "Lei de revancha histórica" (huy que erro; quero dicir memoria histérica) se ergueu unha "guerra -preventiva- de bandeiras" coa artillería xudicial ben disposta a tomar en consideración calquer xesto caricaturistico ou 'crematorio' ¿que non farán para que non sinalemos ós verdadeiros culpables e ós seus depósitos de cadáveres verdes nos paraisos fiscais? ¿Para cando un bloqueo financieiro ás illas Caiman?.
Outra. Resultame ben curioso que os mesmos intelectuais que se rasgaban as vestimentas pola reacción do "círculo integrista islámico" ante as caricaturas de mahoma non se escandalice de igual xeito coa reaccion do "círculo integrista autárquico" pola queima dunhas fotos do seu mais senlleiro membro.
¿E como pode ser que, tendo o Thomahawk na mán, non se teña falado de ilegaliza-las eleccions no peñon de Tarik que rompen esa unidade indisoluble sen a que alguns semellan non saber vivir? Vexo escaso de forzas ó persoal centrípeto; nin pedrojota nin jimenezlosantosdedios se atreveron a polo tema no candeleiro; non fora ser que Mariano se fundira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario