OUUUUuuuu
Son as contradicións as que lle quitan credibilidade a calquera mensaxe político, social, filosófico,...publicitario.
Por iso me sorprende que alguén aínda poda creer certas cousas como a "atención personalizada" das grandes compañías ou a "estratificación dos recursos" da administración. Simplemente quere dicir que empregan algoritmos e diagramas de fluxo nos seus procesos de atención e toma de decisións; danlle un tratamento estatístico, converten en valor numérico.
A tendencia a mostrarense "diverso" non oculta mais que o triunfo dun único modelo de entender e face-las cousas. A adaptación camaleónica de calquera tendencia emerxente ó modelo 'monista' de entende-las cousas remata desbaratando calquera esperanza de troco.
No modelo enerxético e de transporte por exemplo a aparición das enerxías renovables é ben acollida, mais cando esta esperanza queda atrapada no monocultivo do muiño de vento e o biodiesel vese claramente quen sae favorecido e quen perxudicado. E tal o impacto desta 'monificación' que os muiños de vento pasaron á lista negra das mesmas organizacions que, hai 20 anos, os promocionaban.
Trátase pois dun problema no xeito de facer, un problema de "borreguismo", un problema de volume.
¿que o que 'mola' é construir? todo o esforzo para o ladrillo; xa investigarán outros na biotecnoloxía, na reciclaxe e na reducción de impactos ambientais. ¿que se leva a minisaia verde?; tenta tí mercar un pantalon marrón a ver si tes sorte... O paralelismo é evidente. Tamén en outros campos se dá este fenómeno; se un tratamento médico se pon 'de moda' vai ser dificil discutir ren sobor del. Se unha tecnoloxía de software ou un trebello acada certa aceptación o resto está condeado ó "ostracismo".
Seguimos a ser unha sociedade "Monoteista", seguidista da tendencia que marca o sumo sacerdote ou gurú de turno. Cando a 'moda dos blogues' remate non escribirei este comentario; por iso o deixo aqui agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario