Curiosidade monetaria

OUUUUuuuu... así que o "réxime" de Gadafi está agora 'deslexitimado'... logo estivo lexitimizado algunha vez e non era 'réxime' senon dieta?.

E que curioso que en seguida ós 3 "cabezas de turco" desta manobra se lles decreta paralización de contas; esas mesmas contas que non se poden tocar para estafadores diversos residentes en países europeos pero cuios fondos en "paraisos fiscais" están fora da xuridiscción dos estados e non se poden tocar. Vai ser que esto non é mais que unha expropiación de fondos pola vía do apremio.

O anúncio da solicitude de dimisión deste homiño por mor "dos crimes cometidos" é ben curioso si o comparamos coa actitude dos gobernos solicitantes perante a actitude de gobernos "democráticos" como o de China, Arabia Saudí, Congo... E logo sabemos que si ben a xente de Gadafi dispara ás manifestacions tamén é certo que existe un alzamento militar de parte das tropas do país (curiosamente as acuarteladas nas zonas petroleiras) o que acaba de situa-lo conflicto á altura dunha guerra civil. E si se intervén nesta situación porqué non se fixo en Sudán, Somalia, Etiopia...

Moita vara dupla e moito interese estratéxico hai nestas lerias.

Dictaduras benvolentes e ocultas

OUUUUuuuu... As movidas destes tempos nos paises magrebies e árabes que nos meten polas pantallas a todas horas como a "grande liberación" de pobos asoballados non son mais que a vergoña da "opinión impúdica" de occidente que calou durante os decenios de esas ditaduras que agora quere derribar para que os seus intereses (estratéxicos, comerciais etc.) se manteñan intatos.

A viraxe na pirámide poboacional e no seu estatus educacional (que non cultural; que as mulleres seguen ausentes desta movida...ou case) mezclada cos efetos da crise no tecido económico das familias e a disminución das remesas dos emigrados provocou este estourido que, pode, que fose alentado dende fora mais que tamén pillou descolocados ós ideólogos do sistema.

Agora sería cando o dedo acusador debera apuntar a moitas outras ditaduras silenciadas, benevolentes e ocultas coas que se manteñen suculentas relacions comerciais e que só se diferencian de Exipto e Tunez en que o xefe de goberno troca por arte de birlebirloque pero o sistema de opresión e partido único sen eleccións permanece.

Pero o certo é que xa hai tempo que a nosa débeda e un segundo dogal que, ó igual que o petroleo; nos mantén nun círculo vicioso de empobrecemento contínuo e de desarmamento no eido da produción malia que seguimos destruindo o medio que nos cobilla coa fruinción de quen ten outro refuxio certo.