OUUUUuuuu... As movidas destes tempos nos paises magrebies e árabes que nos meten polas pantallas a todas horas como a "grande liberación" de pobos asoballados non son mais que a vergoña da "opinión impúdica" de occidente que calou durante os decenios de esas ditaduras que agora quere derribar para que os seus intereses (estratéxicos, comerciais etc.) se manteñan intatos.
A viraxe na pirámide poboacional e no seu estatus educacional (que non cultural; que as mulleres seguen ausentes desta movida...ou case) mezclada cos efetos da crise no tecido económico das familias e a disminución das remesas dos emigrados provocou este estourido que, pode, que fose alentado dende fora mais que tamén pillou descolocados ós ideólogos do sistema.
Agora sería cando o dedo acusador debera apuntar a moitas outras ditaduras silenciadas, benevolentes e ocultas coas que se manteñen suculentas relacions comerciais e que só se diferencian de Exipto e Tunez en que o xefe de goberno troca por arte de birlebirloque pero o sistema de opresión e partido único sen eleccións permanece.
Pero o certo é que xa hai tempo que a nosa débeda e un segundo dogal que, ó igual que o petroleo; nos mantén nun círculo vicioso de empobrecemento contínuo e de desarmamento no eido da produción malia que seguimos destruindo o medio que nos cobilla coa fruinción de quen ten outro refuxio certo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario