Mostrando entradas con la etiqueta Anti-todo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anti-todo. Mostrar todas las entradas

Proletario planetario

OUUUUuuuu...

Unha vez mais é o día dos Maiosaurios mais nesta ocasión a emerxencia lles obriga por fin a trocar algo as formas e nunha reviravolta do absurdo acepta-las ferramentas de aquelo que din detestar: A globalización tecnolóxica.

O dín detestar mais no fondo só pensan o mesmo que os patrons: producir para vender a escala planetaria... a sustentabilidade non lles importa nada só (din) o "emprego"... ese que marchou a territorios con gobernos laxos e que veñen exercendo un "dumping social" dende vai décadas para maior beneficio das grandes corporacions.

Nesta pandemia quedou patente non só a dependencia industrial (mascarillas, batas, traxes...) senon tecnolóxica (máquinas, reactivos de análise, respiradores...) todo se fai "alí onde sae mais barato" ¿barato? ou ¿"alí onde os que o fan non teñen dereitos"?.

Mais os Maiosaurios seguirán co seu discurso de "loita de clases" de pacotilla esquecendo que no seu intre aquí se xogou a esa carta... "ser mais baratos" ¿ou porqué viñeron as fábricas de coches e electrodomésticos?... sen recoñece-lo pasado non se pode facer presente.

E mentras o verdadeiro tema: O consumo irresponsable de recursos, os productos de usar e tirar, o lixo, a contaminación seguen campando ás anchas. Ás veces desexo que sexa verdade que o SARS-CoV-2 aniñe nos sitios con mais contaminación industrial... mais eso sería unha barbarie similar a calquer Gulag ou Campo de exterminio nazi.

En fin, agardemos que de esta crise saia un novo traballador xa principalmente de servizos e xa consciente da necesidade da sustentabilidade; un traballador que non pida incrementos de producción senon eficiencia limitada e mais i+D+I en ciclos económicos que consuman menos recursos e deixen menos lixo. Un traballador que actue en local mais pense en global e non nun mercado global senon en tódolos seres do globo. Un verdadeiro proletario... un novo PROLETARIO PLANETARIO.

2018 o fin da esperanza

OUUUUuuuu... Seguramente hai xa tempo que a esperanza de deter a catástrofe do ecocidio colectivo se perdeu; vai 15 anos cando non se quixo invertir en desenrolar tecnoloxías enerxéticas renovables para a mobilidade, en reducción de residuos e sobre todo cando non se entendeu que o que precisa a humanidade é un decrecemento.

A nivel político constatouse que a xente nas protodemocracias occidentais é doada de enganar e que maioritariamente se vai mercar calquer discurso que nos manteña sentados no sofá cómodamente ata o mesmo intre en que a tele se apague por falta de suministro eléctrico.

A nivel global China consuma o sono capitalista sendo a primeira "dictadura do capital" con grandes corporacions igual de depredadoras que as occidenteais pero con un único partido ó que pasarlle os sobres. O seu plano de expansión mediante a creación de débeda vía investimentos en infraestructuras que logo cobrará en materias primas é consentido polo resto dos paises mediante o tipo de troco artificial de yuan porque antes os chineses empregaron as súas reservas en merca-la débeda dos gobernos irresponsables de occidente que agora non poderían pagar un só día dos seus estados sen ese respaldo.

Seguimos metidos na pota e quen cociña vaille dar mais lume ó fogo antes de que se lle esgote a bombona, non sabemos si nos cocerán antes ou si antes afogaremos nos propios excrementos.



Medallas PIB Benestar

OUUUUuuuu... Neste día moita xente pensará que realmente vive nun país "punteiro", un país que está entre os 20 primeiros do mundo... ¿por? polo medalleiro olímpico.

Como resultado dos xogos olímpicos; un espectáculo comercial montado en torno a múltiples competicions deportivas disputadas por seleccions nacionais ben por equipas ben individuais, faise unha clasificación de países segundo si as súas seleccions ou participantes acadan a primeira, segunda ou terceira posición das diversas competicions. Eso de verse nesa táboa fai creer a moita xente que, en efecto, viven nun pais punteiro.




















Outra xente mais apegada ós bens materiais coida que a importancia dun país se mide polo que produce (e polos residuos que xera) sin ter en conta quen consume eso que produce ou a canta xente lle aproveita esa producción e o beneficio económico (si o houber) dela... porque non é o mesmo producir materias primas que ben de consumo industrial ou manexa-lo sector financieiro como se pode ver na correspondente gráfica.


Mais, ó cabo ó que as persoas queremos non é SEMELLAR (medallas) ou TER (PIB) senon SER "felices"... e vese que as diferencias na clasificación dos países segundo a xente se declara "feliz"... ningún dos tres primeiros figura entre os 20 primeiros das outras táboas agás Suiza que está de 20º na táboa do PIB.


Pode que o mellor xeito de sabermos si estamos "no lugar axeitado" sexa unha combinación... ou non; cada quen terá a súa preferencia segundo o seu momento na vida e, ó cabo, ¿qué tanto ten vivir nun país que nen tan sequera existe para esas estatísticas? Non precisamos comparacions; precisamos creer en Nós mesmos como viables, sostibles e futuribles.

A miña falsa-edade e a falsedade dos outros..

OUUUUuuuu... Esto publicarase o 15/11 que é a miña data falsa de nacemento porque a vida ten esas voltas e que me coñeza xa sabe que son como un quark que non se sabe ben onde está cando se quere saber del...

O certo é que a miña falsa-edade é pecata minuta si a comparamos coa falsedade dos que veñen agora por terceira volta a nos face-lo gatopardo dicindo que sí que son os que van a recompone-los valores sociais no goberno democrático e trápala trápala como si non estivesemos xa avisados.
Logo virán con conto do voto útil e as monsergas da dispersión do voto que favorece á dereita... que sí pero si queríades evitar eso TEREN TROCADO A LEXISLACIÓN ELECTORAL que ata neso son retorcidos que para acadar un goberno o aceptaron como condición cun prazo e agora que lles veñen as consecuencias enriba se fan de cruces. E que conste a á Hitler-diaz non a trago polos seus xeitos e tamén (innegable) porque ese patriotismo de salón de té que pensa que lle vai dar tan bó resultado.

Coa votación do sistema de goberno quedou claro quen son nese partido... conservadores disfrazados de pana.

En fin, que tiña gañas de falar da conferencia de conxuntos valeiros e automotivación dos que non son quen de poñer orde no único que deberan: DISOLVERSE e deixar que a xente se organice para que o goberno dos cidadans o tomen os cidadans en conxunto e non un 1%.

Coa igrexia temos topado.

OUUUUuuuu...Outra volta a confusión por non decir indiganción me asalta. Vale que a xente que puxo os cartos en CajaSur non ten culpa de nada, pero é que son moitos cartos os que hai que poñer de TOD@S para que esa xente non perda e, cando menos, penso que habería que investigar non só as actuacions da caixa en cuestión, os seus investimentos e os informes que os fundamentaron, as súas accions sociais e os seus fundamentos senon tamén o patrimonio dos "decisores" e os seus familiares e de contado, que logo teñen a escusa de que os delictos xa se esvaeceron. Porque alguns teñen mooooito morro.

Outros 550 millons que voan...ou non.

O mundo sucedaneo

OUUUUuuuu... hai fogonazos na vida que deixan ver a realidade do mundo no que habitamos.

Eu coido que esa teima de poñer maquinas de facer café na casa reflectía ben o EGO-EDONISMO promesa e problema da sociedade "servicializada" do século XXI...mais que agora esas máquinas no canto de facer café con café moído (bueno, mais ou menos café e outros paus e cousas) se faga cunha cápsula de pos liofilizados de vai ti saber que cousas...aromatizadas iso si, e que ó facelo faga a espumiña...como a que fai a auga nas depuradoras.

Vaia, que esta é a sociedade sucedánea da que pensabamos vivir con políticos sucedaneos mais con parados de verdade e con débedas moi verdadeiras que non reais porque xa se sabe: A realeza non ten débedas. ou si?

Atom Sarko ó servizo do "ouro de moscova"

OUUUUuuuu... Faime gracia que o voceiro non oficial do goberno fale do pulo da clase media cando a clase media é o obxectivo a eliminar para o sistema político de calquer oligocracia que se precie pois a xente que ten tempo de pensar é a mais perigosa para eles.

Así somos moitos moitos os que podemos pensar.... O tema enerxético; ou o engano enerxético. Seica no estado español hai unha moratoria sobre a construcción de centrais nucleares polos perigos que supoñen e se entende que a política enerxética do goberno se centra en aumenta la eficiencia enerxética disminuindo e opotimizando os consumos e centrar o incremento de xeración en fontes 'limpas'. Mais é todo un teatro, unha farsa, unha ficción.

A peninsula ibérica non está libre de seren víctima dos refugallos dun desastre nuclear; nin siquera do problema dos refugallos própios da producción nuclear 'normal'; como menos somos inocentes da preponderancia desta enerxía en outros lugares.

Por iso se vai facer unha nova liña electrica transpirenáica, para que os estados da península ibérica (unidos nun único mercado eléctrico) segan a ser clientes principais da enerxía nuclear francesa. Monsieur Sarkozy pode estar contento, a súa balanza fiscal non vai sufrir tanto coma a dos outros estados europeos e poderá seguir financiando programas de "grandeur" e outros mais interesantes... porque lle mercan a enerxía nuclear os viciños que a teñen 'condonada' e lle pagan un imposto polos refugallos que ten que tratar e, para maior escarnio, lle mercan parte das súas cotas de emisión de CO2 que lle sobran pois, gracias ó poder nuclear, non chega ós limites Kyoto. Todo un choio estes viciños.

¿Plantexo eu que se reabra o debate nuclear? Non, porque a nuclear segue a ser unha mala solución: Cara, Contaminante, Perigosa, Dependente en materia prima e tecnoloxía e, para remate, si chega ó goberno unha tendencia politica que non sexa ben vista polos EEUU podería dar lugar a un bloqueo ou unha invasión ou calquer outra estratexia pois son "armas de destrucción masiva" (e non coido que sirva de moito ter asinado o tratado de non proliferación nuclear).

O que plantexo é darlle mais coherencia á moratoria, facela creible ós cidadans "trasparentando" a orixe da enerxía que se consume no país para que se vexa o forte deste dilema e se decaten de que os que queren "reabri-lo debate" en realidade teñen tódolos argumentos preparados para forzar unha reapertura nuclear con centrais "mais seguras" de 3º ou 4ª xeración e chaparra chaparra marica non cales... que si, que o fio e doado de seguir. Por iso as clases medias somos perigosas, non somos pensionistas escoitando a COPE ou a SER que nos alecciones... Eu sigo a dicir ¿Nuclear?; non, gracias.

Os deuses do comentario

OUUUUuuuu... Onte á noitiña de camiño de leva-la moza ó traballo escoitei na galega (a crónica Martes 10/03/2008 sobre as 21:55) un dos tantos balanzos sobre as eleccions nos que persoeiros que se coidan non só en posesión da VERDADE senon tamén que coidan que son os únicos que poden facer ouvir a súa opinión sen que se lles poda replicar veu a dicir que él na noite electoral apreciou a inutilidade do sistema de "listas abertas" porque, como se ve no reconto do senado, ¡¡¡retrasa que os resultados se coñezan!!!. Así, segundo Pereiro (é o que a indignación me permitiu entender do nome deste novo DEUS) coida que o importante non é a capacidade dos cidadans de elexir verdadeiramente ós seus representantes senon que o que importa é a inmediatez (e a invariabilidade, engado) do resultado.

Non importan as irregularidades, nin os colexios electorais non accesibles ás persoas con disfuncions ou simplesmente vellas, nin a desaparición de papeletas, nin o tratamento de "minoritarios" que se fai da maioría das opcions políticas; o que realmente importa o día dunhas eleccions é que se poda ir a xente cedo para a cama coñecendo o resultado da representación.

Mal lle pode ir á DEMOCRACIA si persoas que teñen altofalantes dende os medios públicos se adican a parangonar sistemas electorais antidemocráticos como as listas pechadas e os recontos 'flash'; logo nos viran co "boto" electrónico e por internet para poder dar resultados instantaneos.

Por certo, esquecíame puntualizar que os RESULTADOS aínda non se coñecen pois quedan os CERAvotos por computar e, sempre, dan choio ós periodistas...

Sen Mercar Ren

Innecesario.


Hoxe é o NBD Unha data como outra calquera na que se pode decidir non mercar...

O Hiperconsumo é o triunfo da publicidade; moita xente recoñece que mercar lle "pon" e que lle frustra sair por unha cidade e voltar á casa sen mercar ren. Dende esa óptica o consumismo ten un prezo importánte tanto para a economía domestica como para o equilibrio necesidades-recursos do noso planeta. Evidentemente tendo a tódolos medios de comunicación financiados mercede á publicidade non é de estranar que unha reivindicación deste tipo non teña a mais mínima acollida nos medios de in-comunicación.

Xa tería mérito que unha reivindicación deste calibre se fixera dentro dun mes en plena voráxine hiperconsumista; na que o que semella importar non é o que se cacarea (fraternidade, familia etc.) senon o valor do que se merca...

E agora, a de area: ¿de verdade se pode pasar un día sen mercar ren?; eu penso que non... dende que desapareceu o trueque e se fan pagos electrónicos é moi, pero que moi dificil non pagar ren un día. Un paga a diario a luz, as comunicacions, os impostos... mais como cho cobran a final de mes non te fas conta de que o gasto é diario.

Bueno, a celebralo ben.

A carga da proba

OUUUUuuuu

Nestes días de servizos persoais especiais tiven tempo abondo de ler i é o que ten a mente que relaciona cousas sen relación e chega a conclusións e teoremas, ás veces, contraditorios.

Vin onte no xornal (a voz) que a reforma do código penal tentando frear a expansión das mafias e o enriquecimento ilícito en xeral (incluida a "construcorrupción" urbanística) vai propor inverti-la carga da proba co que será(n) o(s) acusado(s) os que terán que demostra-la lexitimidade da procedencia dos seus patrimonios; agora ben queda por aclarar a magnitude do que se entenda por "valor desproporcionado respecto ós seus ingresos legais".

Ate aquí todo estupendo; xa me gustaría a min ver a Botín, Conde etc. etc. explicando o seu patrimonio (incluindo as súas empresas) por non dicir o de tantos prepotentes e chulos que pululan por esas rúas de deus... Tamén supoño que a AEAT ou as axencias autonómicas que a substituan se personaran nos xuizos para tomar boa nota de todo ese patrimonio e da súa orixe co fin de que esas persoas cumplan coas súas obrigas tributarias igual que o resto dos "controlados"··· digo asalariados.

Mais respecto disto da carga da proba tiña eu un certo resquemor i xa sei por onde vai.

Hai uns días chuzei a nova de que a comisión e o parlamento chegaron a un acordo ("mediado" polos lobbies das industrias e multinacionais químicas) para que modifica-la normativa REACH e apartarse do acordado polo parlamento hai un ano. A nova normativa sobor dos productos químicos fai xustamente o contrario que a reforma do código penal; cárganos a nós, cidadans coa responsabilidade de PROBAR os efectos dos productos... voltando a protección dos dereitos cidadans ós anos 50 do século pasado cando a industria do tabaco cáseque levaba ós tribunais ós que se atrevesen a relacionar tabaco e cancro.

Trátase dun evidente anacronismo polo que, como dí greenpeace, os cidadans e a natureza quedamos á vontade da industria química e dos seus accionistas/propietarios (que logo hai accionistas/rentistas que non 'pinchan nen curtan' só son estafados de cando en vez)

Aproveito para vos lembrar que segue aberta a iniciativa "chemical Reaction" (en castelan) de envio de correos os eurodeputados (Membrer or European Parlament) do teu pais para que voten en contra desta redacción da normativa.

Biodiversidade, Terminator, Bosque e Mar

OUUUUuuuu

Celebrase nestes días en Curitiba (Brasil) o cumio anual sobor da Biodiversidade.

Neste evento centrado en temas 'esquencidos' polos medios de in-comunicación destacan:

  • Emprego dos recursos Xenetico

  • Sementes "Terminator"

  • Espazos Forestais protexidos

  • Moratorias de pesca i espacios mariños portexidos



O tema dos recursos xenéticos é un grande descoñecido; moitos sabemos que; a industria farmaceútica (como a galega Zeltia) empregan, como principio activo ou como 'punto de partida' dos seus derradeiros e carísimos productos, substáncias que obteñen de seres vivos. Maioritariamente de seres vivos que habitan áreas da selva ou do mar. Substáncias que, en moitas ocasions, xa son empregadas polos habitantes desas zonas na súa mediciña tradicional....o que non teñen regulado estes "magos do capital" é ese roubo de ideas e patrimonio xenético que eles realizan ó empregar esas substáncias con fins comerciais.

As sementes "terminator" son outra mais na conta dos tranxénicos. Xa sabemos que os problemas destes experimento son dous; normalmente ó que o cidadan de a pé lle preocupa é si eses alimentos feitos con organismos modificados xenéticamente van ter efectos sobre a súa saude cousa pouco probabel e non demostrabel até dentro de moitos anos, mais o realmente grave deste tipo de organismos é a CONTAMINACIÓN XENÉTICA a que submetemos a tódolos seres (sobor de todo do mesmo reino) ó cultivar estes dentro dun ecosistema. O pole dun organismo transxénico non queda só nas plantas do seu cultivo senon que se esparrexa por tódolos arredores "contaminando" ás outras plantas; o resultado... Moitas poden acada-las características (por exemplo as 'suicidas') do organismo inicial sen que se coñezan os efectos desta cadea a longo prazo.

Nesta ocasión semella que se conqueriu algún éxito mais Monsanto xa prometeu seguir dando guerra.

Tamén se debatiu sobor dos espazos naturais a protexer e moi especialmente os forestais; greenpeace presentou os gráficos das zonas de urxente protección de bosques e mares...

Dos bosques só un 10% da superficie da terra esta cuberta de bosques intactos e o desenrolo das novas potencias non agoira nada bó...

Tendes unha info moi completa eiquí.

Edición 4/4/2006

Ó respecto dos roubos de "capital xenético" veu no diario el mundo do domingo unha interesante reportaxe... Así é como se crea odio entre pobos e cadeas que nunca rematan. Os occiendtais seguimos a comportarnos como si todo estivese no universo para o noso uso cunha mentalidade colonial evolucionada polo capitalismo tecnolóxico, pero colonial.

Campañas

OUUUUuuuu
Cal e area son os resultados da vida, hai derrotas que, sin convertirense en victorias, deixan de selo e victorias que; debido ó esforzo, ás concesións ou á manipulación, son talmente pírricas.
.

Stopbolkestein
Así, coido un éxito en termos xerais o resultado (até o de agora) da directiva sobor da liberalización dos servizos na UE na que Stopbolkestein seguirá a ter un papel importánte na súa vixilancia pois ainda queda moito por andar...

O consello europeo ten que facer outra proposta e alí veremos que sucede...

Constitución Europea
O 'impass' do Tratado polo que se establece unha Constitución para a Unión Europea causado polo NON de estados tan senlleiros como os Paises Baixos e Francia ten o seu reflexo no cadro de ratificación no que podemos ver como a República Checa, Dinamarca, Portugal, Suecia, Irlanda e o R.U. da Gran Bretaña teñen suspendido o sistema de ratificación ( parlamentar e/ou referendum ) e mesmo en España a suposta reforma constitucional que sería precisa está nunha segunda fila (¿incluirana no "lote Leonor"?). Até o "plan D" semella paralizado á espera dunha decisión do novo goberno alemán.

Eiquí a cuestión será: ¿Convocará ZP un novo referendum si o TCUE é reformado?; ¿Qué argallará o PP para non aliñarse co P$o€?... Agora que lles deu polos referendums; ¿Proporán eles un? "TODOS TENEMOS DERECHO A OPINAR".


Nas campañas abertas hai que estares moi atentos á de Concordato.org pois neste trimestre se deberán produci-las negociacions sobor do sistema de financiamento da igrexa toda vez que a Comisión Europea ten requerido a España para que esta asociación (si, a igrexa É unha asociación) pague o I.V.E.
Concordato.org
Os amigos de Concordato.org invitanos para que requiramos da Vicepresidenta primeira e do Ministro de xustiza (encargados de tales menesteres) que se fagan públicas as datas e lugar das ditas negociacions para poderen exercer o dereito de manifestación así como para facer entrega das 70000 sinaturas recollidas até o de agora e; curioso (ou non), que non teñen conquerido nenguha repercusión mediatica...


As campañas contra da monarquía estan a tomar bastante pulo tanto o movemento popular contra da monarquía como o Manifesto contra da monarquía. O autor deste último ten entregado unha solicitude no congreso dos deputados para que se abra un proceso que conduza á terceira república. Podendes descarga-lo modelo en galego i envialo por trámite administrativo (certificado + acuse de recibo).

Agora estase a plantexar unha demanda contra o cidadan Juan Carlos de Borbón perante un tribunal militar por manifestarense políticamente... como lle sucedeu ó Tenente xeral José Mena Aguado sería de agardar un ARRESTO DOMICILIARIO (ou non).


Hai xa ben tempo desto...
Os que pensarades que a miña teima cos RDIF se aproxima á paranoia podedes ter por seguro que en 5 anos levaredes un no peto queridades ou non (senon dentro do corpo...) as contínuas campañas de MEDO no medios de in-comunicación van conquerir que "GH" semelle unha casiña de bonecas...Saberán onde andamos, que mercamos etc... Sorte que o hacking xa nos está a botar unha man.

A aprobación polo parlamento galego da ILP Rios (Iniciativa Lexislativa Popular) é o resultado de outra campaña exitosa pola que sentires optimismo ainda que haberá que seguirmos atentos pois nin o tema das minicentrais está pechado nin era esa a única fornte aberta no eido do conservasionismo en Galiza.


¿Descafeinada?

OUUUUuuuu...

Aprobouse en primeira lectura a directiva europea de "Libre circulación de servicios" ainda non vin a análise que desto se fai por StopBolkestein mais lendo o resumo que vos enlazo semella que a información que a califica de 'descafeinada' está escrita dende o outro lado.

Tanto pola non implantación do temible "principio de pais de orixe" como pola lista de "servizos expluidos da normativa" semella que os obxectivos se cumpliron nesta ocasión... Insisto en que hai que agardar á leitura do texto completo e a análise que delo se faga por voces mais autorizadas cá miña.

Por San Valentín: Activismo.

OUUUUuuuu

Sonvos así; sei que o amor é mais tamén coido que "hai que estares na fronte" así que este ano nada de lamentos pola xente que está soiña nen queixas por se ter transformado (coma todo) nun producto de marketing... Este ano CAÑA.

1- Un cidadan solicita ó congreso a instauración da terceira república...



O autor do Manifiesto contra da monarquía se presentou no rexistro do congreso i entregou un escrito solicitando a instauración da república. Eu traducín dito escrito ó galego e de eiqui o podendes descargar para envialo polo procedemento administrativo (correo certificado con acuse de recibo) á presidencia do congreso dos deputados c/ carrera de San Jerónimo; Madrid 28080.

2- Blokestein... Os "facedores de cartos" non descansan nen por San Valentín e nestes días chega ó europarlamento o debate sobor da devandita directiva de liberalización dos servizos... Lembrade que queren impor o criterio de 'pais de orixe' co que unha empresa Lituana (por por un exemplo) pode operar en España co réxime laboral de alí... Unha bicoca.

StopBlokestein fixo circular un modelo de mail (en Inglés) para enviares ós europarlamentarios...

Para Noia...

OUUUUuuuu

Si o que queren os terroristas é que vivamos con medo, o que teñen conquerido é que os nosos gobernantes perdan o norde i entreguen certas partes dos escasos ideais democráticos e de liberdades públicas mais individuais que tiñan.

Así, o pasado día 14 o parlamento europeo aprobou a directiva sobor a conservación de datos tratados en relación coa prestación de servizos públicos de comunicación electrónica. Un cidadans normal non ten tempo para ler tanto e tan denso (propostas de estatuto, directivas europeas...) e soe 'alimentarse' dos resumos da prensa (moitos de eles interesados...) tanto para "porse en antecedentes" como para "actualizarse". E, ¿que ofrecen os medios respecto a esta nova?: NADA. Tra-la polémica que tivo o goberno británico cunha lexislación similar, a aprobación desta directiva que vai 'dar cobertura' ós estados membros para restrinxir as liberdades cidadans non merece mais ca escasos comentarios.

As persoas podemos modificar o noso futuro se actuamos en conxunto, sen coaccions nen totems nen dogmas.

Recoñecimento de erro


Cando dixen que a aprobación desta proto-directiva so merecía escasos comentarios deixei de lado o traballo do EDRI ( Instituto europeo dos dereitos dixitais ) e da súa campaña "A retención de datos non é a solución"... Mágoa non tela difundido antes (ainda que as escasas visitas deste bloge non fixeran bulto na petición ó europarlamento). Mais información actualizada (en inglés).

REACH

OUUUUuuuu

Os cidadans normais non temos moito tempo de lee-las novas mais aló dos titulares e dos subtitulares; dado o caracter hexemónico das novas do 'fuchibol' (perdón, do deporte) e das 'reyertas' relixioso-sectarias (perdon, partidistas) o normal é que as chamadas "novas de alcance" non cheguen a moita xente.

Si por riba deso lle engadimos o que veño expoñendo sobor da manipulación/confusión á que someten os redactores i editores ás novas pois atopamos que calquer información 'de alcance' debe ser confirmada por outras vias.

Asi, dun titular como: La UE aprueba regular más de 30.000 sustancias químicas co subtitulo La industria deberá, a partir de ahora, demostrar que los productos que fabrica no son nocivos para la salud de las personas no que se sobrentende que se fala da aprobación dunha norma proteccionista só na lectura do artigo atopamos que se trata dun acordo en 1º leitura e que a tal normativa quedaralle un ano para seren aprobada e, se cadra, cinco para seren 'adoptada' polos estados membros.

Contén esta proteccionista normativa xoias coma esta:
Con esta decisión, los responsables de la Industria europea han recortado además el texto de la Comisión Europea, con el objetivo de reducir los costes para las empresas que conllevará la aplicación del sistema REACH. Así, se reducen las exigencias de información para las sustancias producidas en pequeñas cantidades (entre una y 10 toneladas y entre 10 y 100 toneladas), salvo en aquellas que se sabe ya que son peligrosas.
Da que se pode deducir que das substáncias das que se descoñeza a peligrosidade esta información vai quedar ó abeiro da industria. A iso se lle chama: Poñer ó raposo a coida-las galiñas.

Porén o que mais indignados nos trae é a eliminación do "Principio de substitución obrigatoria" que houbese implicado que só se puidesen empregar substáncias químicas perigosas no caso de non existires alternativa e por períodos de cinco anos.

Cando un se pon diante de estes temas "europeos" que semellan tan enredados e lonxanos ( Blokestein p. ex.) ignora certos detalles do funcionamento destas institucions que arrepian... A tramitación de REACH está a batir records de todo tipo nas institución europeas e un dos mais esclarecedores é o record de Lobbistas.

Existen mais de 15000 lobbistas no europarlamento que 'moven' mais de 90 millons de € ó ano. 4000 deles teñen acreditación permanente na cámara (mentres que un cidadan ou colectivo precisaría dunha acreditación otorgada a un eurodeputado), saen a uns 7 por eurodeputado a maioría deles traballan vencellados a intereses empresariais... dende que en 2001 botou a andar a proposta REACH para por freo ó descoñecemento das propiedades toxicolóxicas e ecotoxicolóxicas das substáncias químicas (até un 99%) producidas en europa os 140 empregados que a patroal quimica europea ( CEFIC ) ten en Bruxelas teñen bastante traballo...

Por todo isto me chama poderosamente a atención que certa xente que fala de política se opoña de xeito tan radical a achegar os centros de decisión ós cidadans (Centrifuga-lo poder político) e, ó mesmo tempo, faga votos por que os cidadans lle entreguemos poder de decisión a institucions non elexidas polos cidadans como a comisión europea como acontece coa proposta de Tratado Constitucionalal da Unión Europea. Coido eu que teñen unha idea Chinesa da democracia.

Novamente Bolkestein...

OUUUUuuuu

Soar soa terrorífico xa só por fonética para nós pois é moi semellante a "Fraguenstein"(Vale, tamén a Frankestein). A directiva de liberalización do sector servizos sigue a ser debatida no intrincado entramado do parlamento europeo; ese que cando quere ten que "dar garantías e repetir debates" e cando lle convén aproba normativas por "via de urxencia".

Neste novo asalto a directiva vaise votar mañan 22/11 na comisión do mercado interior e protección ó consumidor e no Consello da competencia o 28/11. O pleno do parlamento votaraa en 1ª leitura en Xaneiro de 2006.

Ainda podemos facer ouvi-la nosa voz; un dos medios é a Páxina do parlamento europeo que ten este formulario de petición; outro é enviar mail ós eurodeputados españois i eiquí lévase un unha sorpresa pois ainda que todos teñen cando menos un enderezo proporcionado polo europarlamento moitos deles non o fan público na súa ficha da páxina do parlamento. O igual que as "declaración de intereses" que estan todas sen asinar, sen data i en branco a maioría.

Ó cabo, tendes mais información en StopBolkestein.

I eu que o facia en broma...

OUUUUuuuu

Xa hai tempo colgara eu esta imaxe:



O que non imaxinaba era que tan pronto os nosos benefactores nos regalarian con facela realidade... como propon o Irmanciño Jeff.

Só os humanos podemos facer que a humanidade vaia mellor (tamén peor claro).

Stop Bolkestein

OUUUUuuuu

Tra-la pantomima de hoxe só nos queda estarmos alertas e activos fronte ós trocos que se iran introducindo para desmantela-lo "estado do benestar".

Unha das iniciativas mais alarmantes neste aspecto é a "Directiva Bolkestein" cuio próximo replantexamento non augura nada bó unha vez aprobado o TCUE.

Tendes mais información e a oportunidade de apoiar a iniciativa cidadan contra esta directiva en STOP BOLKESTEIN

Consumase outra burla...

OUUUUuuuu


Onte o consello europeo aprovou a norma sobor da "directiva de patentabilidade de invencion aplicadas ó ordenador". Así é como nos dan protagorismo os cidadans e nos fan creer que vivimos nunha democracia, o que rexeita o parlamento é aprovado polos governos por outra via e xa está.

Agora vou facer "copypaste" dos comentarios ó respecto para que vexades ata onde pode ir ó tema.

Yo he descubierto un algoritmo que permite ir de mi casa a mi facultad en menos tiempo. ¿podré patentarlo para que todos los que lo usan mi ruta no me pisen la idea? Si programas no son más que algoritmos para resolver problemas. ¿Se patenta el algoritmo de la multiplicación a mano o la raiz cuadrada a mano?

En USA un listillo ha patentado las funciones booleanas y con ayuda de algún magnate , como la SGAE, puede hacer pagar royalties a todos los que las usamos.

Me imagino en las facultades explicando el algoritmo para "resolver ec de segundo grado patentado por Microsoft" y pagando por ello $$$ El software, como el conocimiento deber ser libre.Para todos. Sólo así podremos progresar.

Menos mal que cuando se establecio el alfabeto, los sistemas de numeración, las leyes de la mecánica... no existían las patentes.
Si no hubiera sido así, apañada estaría la humanidad.
La avaricia empuja a las empresas a intentar patentar lo que puede producir beneficio, no lo que de verdad ha sido resultado de una investigación novedosa.
Dentro de poco estudiar va a ser delito por infringir numerosas patentes.

Tamén é certo que a directiva é confusa, pero é esa confusión o que dá medo.