12.3.08

Os deuses do comentario

OUUUUuuuu... Onte á noitiña de camiño de leva-la moza ó traballo escoitei na galega (a crónica Martes 10/03/2008 sobre as 21:55) un dos tantos balanzos sobre as eleccions nos que persoeiros que se coidan non só en posesión da VERDADE senon tamén que coidan que son os únicos que poden facer ouvir a súa opinión sen que se lles poda replicar veu a dicir que él na noite electoral apreciou a inutilidade do sistema de "listas abertas" porque, como se ve no reconto do senado, ¡¡¡retrasa que os resultados se coñezan!!!. Así, segundo Pereiro (é o que a indignación me permitiu entender do nome deste novo DEUS) coida que o importante non é a capacidade dos cidadans de elexir verdadeiramente ós seus representantes senon que o que importa é a inmediatez (e a invariabilidade, engado) do resultado.

Non importan as irregularidades, nin os colexios electorais non accesibles ás persoas con disfuncions ou simplesmente vellas, nin a desaparición de papeletas, nin o tratamento de "minoritarios" que se fai da maioría das opcions políticas; o que realmente importa o día dunhas eleccions é que se poda ir a xente cedo para a cama coñecendo o resultado da representación.

Mal lle pode ir á DEMOCRACIA si persoas que teñen altofalantes dende os medios públicos se adican a parangonar sistemas electorais antidemocráticos como as listas pechadas e os recontos 'flash'; logo nos viran co "boto" electrónico e por internet para poder dar resultados instantaneos.

Por certo, esquecíame puntualizar que os RESULTADOS aínda non se coñecen pois quedan os CERAvotos por computar e, sempre, dan choio ós periodistas...