OUUUUuuuu... Aproveito este primeiro post Wi-Fi (i é allea) para facer unha pequena e non maliciosa crítica do tríptico que atopei na casa do meu finado pai.
Disque a forza de equilibrio político en Galicia pode acadar un número de escanos dabondo nas cortes centripetas de xeito que poda participar na responsabilidade de gobernar no todo dende a parte, pequerecha do noso recuncho atlántico.
Escomenza o triptico coa verba máxica para acada-la atención deste modesto cidadan mais, !!que decepción¡¡ non se fala da DEMOCRACIA, fálase da pluralidade dunha parte do mundo ignorando cal é o significado de tal verba. Unha forza que se supón plural mais que non ten DEMOCRACIA no seu comportamento interno non debera entrar en criticar ese aspecto da sociedade da que é parte.
O resto do programa semella o mesmo salaio redencionista de tódalas formacions con ancora e limite nun anaco de terra. Sen unha prespectiva de a quen se dirixe e que é o que ten que demostrar, non só á xente que xa lle vota, senón a tódolos cidadans cos que comparte realidade... curiosamente unha realidade que eles mesmos afirman (e saben) que está espallada tanto polo mundo adiante como dentro do seu anaco de terra algo que ó final si recollen no belísimo caseque onírico derradeiro punto; tan grotescamente semellante ó archicoñecido "y acabar con la paz mundial" atribuido na lenda urbana ás misses e loiras.
Non semella que sexa moi coherente denunciar que Madrid ignora e vilipendia o mesmo que non se lle reclama a Lisboa; pois si se ten dignidade se ten fronte a todo non só respecto a quen podes chantaxear para acadar parceliñas de poder.
hala amiguiños a darlle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario