OUUUUuuuu... Nestes días de fundamentalismos e acusacions non está de mais sinalar sen medo e sen ira quen é verdadeiramente irracional nos seus comportamentos e que se sirve da irracionalidade dos outros para vivir.
Efectivamente o sector da hostelería non pode descreer da relixión católica por moi irracional e fundamentalista que lle semelle a súa fachenda e por moi hipócrita que lle semelle ver á xente facer cousas que, cando son os seguidores de outras relixions quenes o fan, cualifican de 'tolerías' i extremismo. Nen os mesmos "curritos" podemos facer mais 'obxección' a este festexo do calendario lunar que ofrecernos para traballar ós moitos que non lles importa esta incongruencia con tal de poderen viaxar ou cando menos descansar uns días.
I nelo estou; percurando poder traballar e que pasen rápido estes días tan hipócritas que ata os ultraliberais os empregan para agradece-la intervención dese estado ó que detestan e que eses impostos dos que renegan eviten a quebra dos propietarios de estafadores que se viron estafados pola dinámica dunha economia -a financieira- que basea na especulación a creación de riqueza e cuio maior producto é o diferencial de tipo de interés que foi, seica, o que permitiu que en EEUU existise unha burbulla inmobiliaria que daba un interes do 5-6% a cartos que foran pedidos prestados no Xapón ó 0%.
Era bó que agora os adalides da rebaixa de impostos explicaran de donde se poden saca-los cartos para conxuga-las perdas das entidades financieiras que hai que salvar para evita-lo efecto 'dominó' sobre o sistema. E sería aínda mellor que explicaran porqué o sistema financieiro merece ser salvado da quebra á que é levado polas súas ineficiencias de mercado xustamente cos cartos que eles negan que se deban recadar para evita-la quebra das politicas sociais que eles cualifican de ineficientes.
Como troca o conto cando é o rico ó que "pilla o touro" da crise e queda co cú ó aire cando él pensara que tiña os cartos seguros para o seu disfrute sen ter que "alimentar a esa pandilla de vagos"... Agora QUE COMAN OS PISOS CON SAL E PEMENTA que dentro de pouco as tímidas rebaixas (ou non tanto que seica chegan ó 30%) serán saldo.
A mesma mensaxe para todos aqueles que, coidando facerse de ouro en 3 días, elexiron traballar sen soldo nen cotización porque así "todo el beneficio es para mí" que agora veñen pedindo axudas e condonacions de débedas, o único que lamento é que o tipo de xuro non subirá mais porque un diferencial grande cos EEUU no interesa que si non...
En Yankeelandia saben que a cousa pinta moi negra, o congreso reuniuse a porta pechada por primeira vez en 35 anos e a reserva federal botou man de prerrogativas que non empregaba dende a 'grande crise' de 1929 para o asunto do banco de investimentos ese que o Venres valía 1300 millons de $ e o Luns foi vendido por menos de 250.
No hay comentarios:
Publicar un comentario