OUUUUuuuu... Cada día que escoito ou vexo novas do que lle está a acontecer á poboación de Palestina non podo menos ca sentir noxo e rabia. Tanta desgracia concentrada dende tempo inmemorial nun espazo tan pequeno. Pedras contra misiles, nenos e vellos acribillados, inocentes dun e outro pobo mancados ou mortos.
As accions e reaccions sucedense e os combatintes non poden, non saben, non queren ou non lles deixan outra solución. O talión funciona dia e noite como unha máquina de mallar mais só nos indefensos.
Na mentras temos a Sarko, a versión europea de Chaves co seu populismo exibicionista, coa súa chulería toda ela concentrada en tan pouco espazo que semella o reflexo da república que preside; feita a sí mesma sen modelo nen copia e subida no pedestal dos seus desexos para mirar... cara a outra banda.
No tema de Palestina hai estados mais responsables ca outros; e, teño claro, que os que decidiron no seu momento apadriñar á guerrilla xudea en palestina e deron apoio á creación do estado de Israel sabían que creaban un conflicto de solución nula e equilibrio imperfecto. Israel creouse coma un estado militar sitiado e nunca tivo, salvo en pequenos i esperanzadores intres, atisbos de coñecer a verba negociación, a verba humanidade e o concepto de memoria social. Mais ben teñen callado no caletre o concepto de guerra eterna e de vinganza permanente.
O punto de unión estaría na intervención do gran SARKO no conflicto israelo-palestino sen as trabas da UE; só co seu uniforme de Mad-Max e subidiño no pedestal mais mirando de fronte ós nenos coas pedras, as casas derruidas, ás rúas reventadas... Palestina e Israel só teñen unha solución: Entenderse e a responsabilidade de chegar a ese punto é, principalmente, dos que propiciaron esta situación mais fai falla valor e tolemia, para afrontares este reto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario