Como o blogue de O Laranxo está fora de liña e non sei se teñen outra via de comunicación que a lista de mail póñovos esta nota.
A organización ecoloxista Amigos da Terra convoca a diferentes colectivos organizacións e á cidadanía en xeral a participar dunha xornada de reflexión e posta en común de ideas para traballar en conxunto na loita antitransxénica.
Este venres 29 de febreiro terá lugar na localidade pontevedresa de Lalín, unha acción en repulsa ao ensaio e cultivo con millo transxénico en Galicia, emprendida por Amigos da Terra, e que desenvolverase ao longo de todo o día en dito municipio.
A avaliación dun ensaio con transxénicos aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente, en Xaneiro do 2007, propón ampliar as áreas de ensaio con millo transxénico en Galicia a catro municipios, un dos cales é Lalín.
Para debatir sobre a situación destes ensaios e do posible cultivo con transxénicos en Galicia, organízase esta xornada, á que acudirán entre outros: representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG), Concello de Lalín, Asociación de produtores ecolóxicos de Galicia (APEGA), Asociación de Agricultores e Gandeiros de Lalín, ADEGA así coma outras organizacións ecoloxistas e organismos implicados.
Programa:
A xornada do venres transcorrerá principalmente en dous emplazamentos de Lalín.
* Pola mañá instalarase unha mesa informativa na Praza da Igrexa, en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.30. Na mesa proporcionarase información sobre os transxénicos, recollerase a opinión da poboación sobre o tema para logo elaborar un pequeno informe e tamén procederase á recollida de sinaturas pedindo a declaración de Galicia coma Zona Libre de Transxénicos.
* Ás 20.00 e na Casa da Xuventude dará comezo a Mesa Redonda, na que intervirán: David Sánchez Carpio (Amigos de la Tierra), Charo Sánchez Parga (S.L.G.), Marcial Costoya (Monsanto) e Xosé Manuel Méndez García (Concello de Lalín); posteriormente debatirase a situación actual dos transxénicos en Galicia, e a posible elaboración dunha estratexia en común entre os colectivos asistentes.

Para máis información:
Comunicación Amigos da Terra
Tfno: 988.374.318
No hay comentarios:
Publicar un comentario