OUUUUuuuu... Por moi atarefado que este e moito que mellorar que queira a cuestión é que non debo deixar pasar mais tempo denantes de deixar constáncia do entroido 2008. O primeiro sen a presencia de Elena, a raiña do entroido verinés, tiña que ter algo especial e así foi: Suspendeuse o desfile do Domingo en "case" todas partes...
Mais escomencemos por onde hai que ir. O Venres nos presentamos en Laza para o folión... Unha cea moi animada e con moi bó ambiente e o engadido do Xastré.
Saimos cos fachos na man tódolos que iamos; cunha noite estrelecida e non moi fria, as luces e as sombras a loitar...
Logo chegou a hora dos "petamoito" que estiveron petando no reaberto bar da picota ata que tiveron mancaduras nas mans.
O Sábado foi a noite da "carnavalada" isto é o disfraz ó estilo mais común do que se fai por ahí.... O que non quita de pasarmolo moi ben tanto na verbena como na cea e logo pola noite.
Claro que a "alguén" lle tiña que tocar ir mais cedo para a casa cos nenos...
O Domíngo foi un dia para esquencer; tanto que caseque non tomei fotos... Pola noite a cousa mellorou e ainda puiden botar unhas bailas no 'bigotes', no Picota e no 'Comisión' ainda que o mellor o pasei na verbena.
O Luns erguinme cedo pois tiña unha cita importánte.
Os meus heredeiros quixeron acudir á Farrapada de Laza e abofé que o pasaron de medo
Quen millor o "chispas" que non parou de dar tralla todo o tempo malia a cantidade de farrapazos que levou nos fuciños...
Logo pola tarde puxemos en marcha a "multinacional entroideira" na que Nieves mantivo a presencia en Laza na baixada da morena e as formigas (mágoa que non conqueriron subila no burro); o pelotón de cativos preferiu a farelada en Verín e a un servidor correspondeulle o turno en Oimbra...
Mais só ata a adega nº 44 que logo houbo moito que danzar para que a cousa voltase ó seu cauce i eu puidese desprazarme a Laza a pasa-lo resto da noite danzando, cantando e rematando coa colleita de LK.
O martes por fín houbo desfile en Verín e saiu o noso cigarrón.
A verdade é que malía a falla do domingo coido que cada ano hai mais Cigarrons e Peliqueiros; máscaras que, mais aló da estética teñen o caracter e a forza do seu ser
1 comentario:
Boísima a foto do "antes e despois" da Farrapada...
Publicar un comentario