O debate bi-partito e o erro da "esquerda"

OUUUUuuuu... Escribo esto sen ter visto o histriónico "debatiño" de onte a noite e sin ter lido nin escoitado crónica nenguha ó respecto.

A proto-democracia celebra ter chegado a este punto tras 15 anos... Un debate entre 2 candidatos. Como si de verdade a sociedade que vai votar o 9-M fose só ou azul (¿non era laranxa?) ou vermella; non hai matices, nen cromatismo, nen... Só unha especie de absolutismo por oposición; se nos es azul (¿laranxa?) es vermello, se non es vermello es...¿laranxa?, non; digo azul.

En medio de isto está IU (EU, que non eu) co seu spot xogando ó contrasenso e cos seus erros clásicos para min: Reivindicase unha especie de revanchismo político na insistencia da "memoria", supoño que se trata de manter unha continuidade co propio pasado mais, en esencia, ese é o grande erro. Insistese en facer referencia a gobernar "dende a esquerda" e non se decata (ou sí, pero se desexa) que dicindo e facendo iso estase nun contrasenso pois gobernar gobernase para o conxunto da sociedade incluidos os sectores mais "integristas" do 'bando' contrario e gobernase en base ás leis e as leis deben debatirse e, de seren posible, consensuarse. E canto mais importánte é o asunto sobre o que se quere lexislar, poñamos o aborto, mais amplo debe se-lo consenso; xustamente iso é o que lle está a pasar á educación: Lexislatura tras lexislatura se modifican as leis sen un consenso o que provoca que no seguinte troco de poder a outra faciana da moeda volte a revira-la torna.

No eido mais cercano sempre temos ocasión de apreciar o ridículo que resultan certas vindicacions (cando as fan outros) e pensar ¿cara a onde nos leva isto?... e sempre con falla de coherencia. Quérense a xestión e "as oficinas" (a sede) dos órganos de xestión dos asuntos dun territorio e critícase a otras formacions politicas cando reivindican o mesmo para os seus territorios; pero o mais grave é que se quere esa xestión para poder 'manexar' (unha das traduccions de "xestión") eses asuntos e sobrepasa-los marcos establecidos aumentando as explotacions de todo tipo pois esa xestión mais cercana é mais 'sensible' ás necesidades locais de desenrolo que, como unha nova China, ten o "noso territorio" o que desbota calquer intento de conservacion do mesmo malia a inclusión en catálogos de todo tipo (UNESCO, NATURA etc.) que, semella, son de aplicación só para territorios desenrolados.

Ó cabo, só dicirvos outra volta mais que non deixedes que "Utilicen" a vosa arma que, mais aló do que dicía o poeta, é o voto; mais tamén, sempre, a verba.

No hay comentarios: