A infraestructura silenciosa...

OUUUUuuuu

Paseando hoxe co sol voltamos a aborda-lo tema de arraxa-lo mundo... No noso camiño topamos cun circuito para coches de modelismo ó que se lle dotou dun posto de mando elevado e cuberto; está no que fora o vertedoiro da cidade compartindo emprazamento cun circuito para trial (bici e moto) e aeromodelismo. O caso é que demos en falar de infraestructuras que, cun escaso custe de construcción e mantemento, teñen unha alta rendabilidade.

Veunos entón á mente a lembranza do que nos ensinaron sobre saude pública e como infraestructuras que hoxe pasan desapercibidas foron as grandes responsables do aumento da esperanza de vida en occidente nos séculos XIX e XX: O saneamento e a auga potable. Tamén as medidas preventivas como a vacinación mostraron grande impacto sobre os principais problemas de saude daquelas épocas, a saber, as enfermidades infecciosas.

Mais agora atopámonos nun tempo no que os problemas de saude en occidente son algo diferentes, as principais causas de morbi-mortalidade son accidentes e enfermidades ligadas a hábitos de vida (dieta, tabaco, escaso exercicio) e o plantexamento dende o punto de vista das actuacions tenta por diversas frontes facer impacto nelas sen conquerilo.

Lembrei entón unha entrada do foro de Correr en Galicia sobre o esforzo dunha persoa como demostración do escaso valor que ten na cultura actual o sacrificio e tamén lembrei unha conversa que tiven cun colega de rodaxe no parque do pontiñas en Lalín... a idea é simple. Agora a infraestructura con mais impacto sobre o tremendo problema dos hábitos de vida son as zonas públicas de lecer (parques, carris bici, roteiros) mais; como no século XIX a xente tivo que aprender a emprega-la auga corrente e o alcantarillado agora é preciso que se xere unha "infraestructura social" que permita que as persoas fagan uso desas infraestruturas de xeito moderado mais contínuo (como o facemos coa auga e o alcantarillado) como resultado de todo elo terá que chega-lo día no que topar xente trotando en grupo ou facendo exercicios nun parque público non sexa unha escepción senon unha regra.

¿Ten un papel a competitividade?; ten, mais non salientable, como moito motivador. A idea de circuitos como o "corre con nós" de Lugo non debera limitarse a probas de atletismo en ruta e, dende logo, constitue o tipo de infraestructura accesoria para que o investimento en parques deixe de ser unha cuestión de decoración e pase a ser un elemento da saude pública.

No mesmo sentido a "dignificación" do papel da persoa ó cargo da casa e o que cociña e a súa instrucción no eido da nutrición (grupos alimenticios, equilibrio, elementos esenciais); a creación de asociacions de "cociña sana" que non desboten a creatividade e permitan compartir todo tipo de coñecementos e habilidades neste importante aspecto da vida cotián constituirían aspectos moi importantes nesta loita.

No hay comentarios: