OUUUUuuuu...Este post faise denantes do inicio oficial da campaña electoral, como comentario sobre as continuas pistas e contrapistas que os partidos van sembrando antes dese inicio para ires albiscando a opinión da audiencia (da súa claro) nunha especie de oferta continua, de rebaixas moi propias da época.
Fan tantas e tan dispares, case disparatadas ofertas nun ronsel case sen orientación coa única teima de manterse nos titulares dos medios -comunicativos subministrando opio á xente que gosta de creer en partes do prisma da realidade e non no corpo complexo e poliédrico cheo de aristas e caras que é a vida.
A min gústame facerme imaxes do que vou albiscando, e unha das que mais me chaman cando vexo estes anuncios e contra anuncios dos líderes antidemocráticamente elexidos de forzas que optan a gañar a travesía das eleccións é a do nadador que bracea perdida xa a orientación, faltas as forzas, sen convicción nas intencións e con escaso apoio que se sinte afogar.
Fallan cando non son capaces de ir mais aló do emprego ou rexeitamento da violencia como metodo político, fallan en non recoñece-las eivas dun sistema que SABE que non se pode chamar democrático porque non se trata só de votar cada certo tempo; o peor deste sistema é, xustamente, o que NON podemos votar... Iso fai que callen na xente as mensaxes demagóxicas que agora, neste entorno de aumento do paro e presencia maior de inmigrantes, vai facer doada mensaxe xenofóbica que non ven sendo senon outra versión de "pecha-los ollos e botarlle a culpa ós demais".
Das mensaxes mais contradictorias as dos que din que queren integrar ós inmigrantes facendolles comprometerse cos valores e costumes de aquí sen dicir si eses valores incluen o catolicismo (ou cando menos o cristianismo) e, non sendo así, sen explicar porqué se opoñen a o ensino deses valores FORA do marco dunha educación relixiosa. Teño a sensación de que se trata dunha "integración ás ostias"... E si alguén sinte que o sinalo que lle pregunte ós bispos e se aplique o conto.
Vin hai uns días un debuxo que se mofaba das primarias nos EEUU con duas imaxes; por unha banda "Mc Caín" como garante dunha unidade monolítica no bando Republicano e pola banda "Abel" como imaxe dunha suposta loita fraticida no bando Demócrata. Eu pregunto ¿porqué non é obrigatorio un sistema de primarias nos partidos "democráticos"?; non se pode pretender conducir unha democracia sen tela no seo interno.
¿Hai un programa de reformas democráticas? non, o avance da democracia é o grande ausente da campaña e a aprobación do tratado de Lisboa é a mostra da absoluta falla de respeto pola opinión da cidadanía que teñen os proto-democrátas que están na cimeira do poder político manexados por...
No hay comentarios:
Publicar un comentario