OUUUUuuuu... Vai para 4 meses aceptei a invitación dun colega da rede para me facer unha conta no facebook.
Tras moito fedellar nel e ler algunhas cousas veño de decidir poñela en 'stand by' pois BORRARSE seica non é posible (ou é tan posible como en outras moitas contas que se teñen na rede) porque manteñen os teus datos durante un tempo para que te podas 'reactivar'.
Mais, para mín o fondo da cuestión é: ¿realmente aporto e me aporta algo unha rede así?. Aínda que fora polo contacto cos dous colegas que coincidimos alí non estaría mal mais ese tipo de contacto o podería (e sego) acadalo por outras vías... Os grupos profesionais que atopei non pasan de ser grupos de diversión con diferentes facetas mais coa mesma finalidade. As aplicacions teñen, case todas, pouco valor engadido comparado co que podo obter de aplicacions semellantes na rede e o bombardeo publicitario que non podo bloquear (veñen dentro do java) é moi cargante...
Bueno, que cometín o erro de me inscriber por mor de non poder avalialo previamente; se cadra debín crear unha "conta ficticia" durante uns meses e logo xa vería. Así aprendo.
2 comentarios:
me has dejado un comentario por un video de youtube.
Conozco coruña, y me encanto, ella y las gentes, saludos desde oviedo
Lastima que moderes los comentarios... yo no pongo censuras en mi blog... pero cada una es como es... otro saludo
Publicar un comentario