OUUUUuuuu As formacions políticas levan xa en campaña 9 meses (ou mais), a apertura do período no que se pode poñer a verba "Vota" nos carteis non modifica a súa actitude; nada novo pois porén teño observado un adianto na campaña "b" que é aquela que fan 'estructuras afins' principalmente ós grandes partidos (e os maioriatirios dentro dun ámbito xeográfico) que xurden do silencio con reivindicacions premanentes que serán novamente ignoradas dende o 9-M.
Asociacions veciñais, culturais, deportivas, agrupacions gastronómicas, clubes de amas de casa, organizacions cidadans de toda caste -linguisticas, pedagóxicas, sanitarias...- empregan todo tipo de accions para facerse ver: Manifestacions, conferencias de prensa, contramanifestacions, actos vandálicos, folgas, comunicados de comunicación... ou para denigrar ó contrario.
¿Pretendo o silencio das xustas reivindicacions no periodo da campaña (versión 'extended')? NON, pretendo coherencia.
Galicia non se vendía hai un ano, Os dereitos linguisticos pisoteados hai tempo que xa o eran (eu coido que mais o dos galegofalantes que os do castelan), as reivindicacions salariais e contra a epidemia de inseguridade no traballo xa as había... A mín o que me alarma é que este tipo de estratexia derive en que a forza de precisaren mais atención sobre as própias accions estas se fagan mais violentas (as accions propias ou as 'contraccions') e perdamo-lo norde do lexítimo dereito á expresión (a prol i en contra) e se entre nunha especie de "represión permanente" na que o goberno xogue a autorizar accions dun grupo de a persegui-las de outros.
Vergoñenta é a xa coñecida actitude dos medios comunicativos que se adican á maquillaxe de accions de uns e de outros e tan pronto é lexítimo increpar a alguén á entrada ou á saida dun acto público lembrándolle feitos do seu discorrer na vida pública como semella que iso mesmo é o delicto mais brutal que se pode cometer e que merece o castigo mais inmediato sen agardar ás decisions xudiciais que SI hai que agardar para prevadicadores, estafadores e 'chorizos' de luva branca en xeral.
NON deixedes que "UTILIZEN" o voso voto; a única arma con poder sen destrucción masiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario