OUUUUuuuu... Logo de meses de escenas e manifestos chega a hora de raparense ó cero; non veñan a nos toma-lo que non temos; por exemplo inaugurando unha liña de tren que tiña que estar feita hai 16 anos ou escribindo un novo conto do inmigrante bó que se esquece de quen é para asumiren o que non son nin os de eiquí.
Deixando fora co resplado dos sabres e da forza de D'hont os centros do debate democrático: ¿Expresase de verdade a democracia nestas eleccions?.
Vivir é loitar, non sempre gañar e sempre, ó final, rematar "perdendo" na morte...salvo que podas concienciarte de que só unha actitude digna e sen expresions extremas, firme nos principios e suave nas formas che fai 'perdurable' non na memoria de alguns senon do percorrer das actividades humanas.
¿Eleximos?; ¿Que eleximos? A quen nos vai mandar calar nos próximos catro anos, a quen si lle dicimos das súas incoherencias nos vai dicir que non somos democratas porque xa puidemos votar unha vez e "perdemos" (suponse que en democracia non perde ninguén, ¿non si?). Crispados, tensos, exitados si que estamos mais porque TOD@S sabemos que pouco poder de decisión temos e que cada día a pantomima progresa mais, faise mais refinada e resulta mais doado entregarense a vivir unha vida ego-edonista nun continuo trance de estimulos mercado-publicitarios que tentar ter responsabilidade sobre os propios actos e participar activamente na toma das decisions que lle afecten a un de verdade.
Non pode falarse de elección se non tes a capacidade de elexir realmente e non se pode falar de representación si non se pode retirar dita representación ou influir no que e no cómo se fan as cousas.
Vivimos o tempo da maioría silenciada, cos pensamentos duns cantos que se fan superiores pola forza (do sabre, do carto, do poder...) campando omnipresentes en todas partes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario