O pao, o átomo e as esixencias.

OUUUUuuuu

Escoitando as novas queda un extranado de certas verbas que son empregadas indiscriminadamente nun senso cando, coido, teñen outro.

No que respecta á suposta crise nuclear co Iran veño de ouvir que non fai caso das ESIXENCIAS da comunidade internacional i eu me pregunto; ¿Pódeselle esixir algo?, ¿Ten Iran suscrito o pacto de non proliferación nuclear?.

Trátase dun xogo no que catro teñen un pao e non queren que o resto o poda ter. Ben é certo que o pao é perigoso e que o sistema político do Iran non e nin tan sequer protodemocrático senon mais ben "ilusiodemocrático" (votan entre ós que lles deixan presentárense) mais non deixa de ser unha nación soberana.

Tamén é certo que non é o Iran quen mais pode precisar da enerxía nuclear "civil" e que os procesos de enriquecimento de uranio nos que se ten embarcado van dirixidos, caseque con seguriade, á "Teren pao".

Mais, falando de ESIXENCIAS da comunidade internacional e posibeis sancions a que as incumple podíase sancionar ó país mais contaminante, ó que produz o 25% do CO2 mundial···,···podiaselle presionar con inspeccions que demostraren unha e outra volta que a súa sociedade edonista, egoista e consumista exportada ó traveso dun modelo cultural-económico carente de valores de solidaridade sinceira e de verdadeira coresponsabilidade medioambiental, esa sociedade XA ESTÁ a producir millons de mortes por tan diversos mecanismos que é imposible calcular o custe real en vidas dun modelo que, recoñecen agora presionados pola súa lei de oferta e demanda, se está a esgotar.

Pensade unha cousa, si o voso país tivese uranio no seu territorio(e ainda que non o tivese) si a enerxía de fisión fose sustentable e non tivese perigos (accidentes, residuos...) e quixera establecer unha independencia enerxética enriquecendo por si mesmo o uranio para a súa rede de centrais.NON PODERÍA

O meu blog as miñas novas...

OUUUUuuuu

Xa fai uns días que o puxen mais non estaba certo de que funcionara.

como vedes xusto embaixo do enlace de Chuza! están "as miñas novas..." que son exactametne eso; as novas que vou chuzando case sempre cun pequeno comentário sobor do tema en cuestión.

Coido que si funciona ben tamén vou a por algo similar en no blog de deportes.

Así resulta mais doado faceren distinción entre o comentário dunha nova e unha opinión mais persoal e/ou unha digresión mais profunda sobor dun tema.

Dias de Abril

OUUUUuuuu

Debe se-la chegada da primaveira, co sol quencendo os sentimentos i os corazons mais o mes de Abril está cheo de celebracions revolucionarias e significativas.

Iniciandose no día 1 que ven a ser o auténtico día das bromas substituido (como o 12 de Febreiro día dos namorados) polo 28 de Decembro do calendario xudeo-cristian.

O día 2 produciuse o alzamento de Miguel Solís en Lugo aló polo 1846 dando inicio á revolución provincialista un dos cernes do galeguismo moderno.

O día 14 proclamouse a II república española en 1931; a data foi festiva até 1939···

O día 15 de Abril de 1846 Antolín Faraldo elexido Secretário da Xunta Superior provisional de Galiza. Primeira entidade moderna de Galiza.

16 de Abril: Aberri Euguna. Este ano cargado de esperanza.

20 de Abril

23 de Abril: Día do libro; non o deixemos pasar sen mais, os libros e os rapaces son o futuro. Data sinalada na vida de grandes literatos.

Batalla de Montouto que foi o fin da revolución de 1846.

Axustizamento dos comuneros en Villarar. Fin da única revolución castelá que se opuña á centralización estatalista.

25 de Abril. Cravos

26 de Abril Fusilamento en Carral dos alzados do provincialismo galego cando eran conducidos ós xulgados de A Coruña.

TERRA DA FRATERNIDADE

OUUUUuuuu

Son as 7; ignoro como foi a sucesión real dos feitos mais gosto de pensar que arestora, mentres me apaño para ir ó curro soaban nas ondas os acordes do sinal liberador···

¿Foi traizoada a revoluÇao? Seguramente, polos débiles de corazón. Hai que ter constáncia na esperanza e sinxeleza na pretensión. Logo, que sexan os cidadans os que decidan.


Comisión do estatuto

OUUUUuuuu>


Martiño NercellasOnte Martiño Nercellas iniciou as comparecencias da Comisión de estudo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia (vídeo baixa e alta calidade) en representación da FEG. Xa chuzei a nova mais non quero deixar de lado unha diferéncia que ven de resultar fundamental. Mentres a comparecencia de ADEGA escomenza cunha "declaración política" ,o meu modo de ver, demasiado altisoante e innecesária marcando unha autoafirmación nas formas que, como eu o vexo, non é efectiva senon mais ben polémica. A comparecencia da FEG marca unha liña pragmática e de feitos.······

Demóstrase o que ten que ser unha auténtica política de sustentabilidade e indícanse os niveis competenciais que se deben acadar dende o autogoberno para realizar esas políticas (tanto competencias 'cara arriba' -europa- como 'cara abaixo' -concellos- )

Ponse como referente a crise meioambiental global (o único realmente global xunto coa pobreza) cos escalofriantes datos que só a inconsciencia pode ignorar e localizanse as cuestións mais preocupantes na galiza nas verbas: Fisterranización, eucaliptización, enerxía/emisions...

No tocante ás propostas resumiría en: Transvesalidade (presencia da politica meioambiental en tódolos eidos), Participacion cidadá (como único xeito de seren conscientes e coresponsabeis), Focalización no ensino (para que as vindeiras xeracions teñan un 'modelo mental' sustentabel)
Martiño e Kandpalleiro
OUUUUuuuu

Outra volta nesta data veu a lembranza a me visitar mais, como aquel himno románticista, atopeina estrana e xigante. Apuntada polas luces na noite a egrexia figura refulxía contra o ceo plomizo e non a recoñecía. ¿ou non me recoñezo a min mesmo?.

Achégase a cifra do tango mais eu si coido que é algo e o meu ollar así mo demostra. Tento observar e non lembrar os pasos polas asperezas das esquinas deses vellos recunchos que sempre acoden a mín a pouco que descanso da febril actividade cotian; retahila rutinaria recorrente e reiterada que é a vida en si mesma e que semella roubarma.···

Cavilache algunha vez na vida que che queda por diante?
Morrer os pais, marchar os fillos; a vellicie dos corpos...
eses son os acontecimentos que quedan por diante
as verdadeiras marcas do paso do tempo.

Como dixo onte F.G.: "Cando o horizonte diante dun é menos que o que se ten detrás".

Ven a aurora; ¿borrará esta brétema de lembranzas oníricas que pecha os cúmios por acadar?.

Historia=Dereito=Democracia?

OUUUUuuuu

Dempois de celebrar o 14 de Abril sen aspaventos mais con ledicia escomencei a ver as novas deses días nos telexornais... Seméllanme uns grandes pasos que no TD1 se chegue a decir que o goberno da república era o "goberno lexítimamente elexido" e que se emita que unha formación política do arco parlamentário reivindica a III república.

Logo chegou o "día da patria vasca" e tivemos que ouvir certas 'mescolansas' que coidaba esquencidas; só faltou o "aitá" Arzallus e o tema do RH.

Escudarse nunha institución medieval para dirixir un pais é tan retrógrado coma escudarse en "lexislacións" medievais para fundamentar "dereitos". Co engadido aberrante en ámbolos casos de tratar de englobar a figura medieval dentro o exercicio da democrácia... Eu coido que é un pouco á inversa. O Exercicio do dereito democrático (á elección do xefe do estado ou á autodeterminación) pode vir mediatizado por eses feitos históricos no canto do resultado dunha votación como expersión das sensibilidades dunha sociedade complexa e trocante na que os cidadans se ven impelidos a votar deste ou daquel xeito pola súa 'intrahistoria'.

¿Estragarán o proceso de paz en Euzkadi as ansias de "conducción"?. No PNV teñen moito respeto a ZP dempois de ver a xogada coa que solventou o tema do estatuto catalán devolvéndollelo a 'M'amargat' "limpo como unha patena" e co veleno da rutptura do tripartit.····mais coido que a situación das alianzas en euskalherria é diferente e non existe tanta disposición para "face-la cama" en EA nin a esquerda abertzale está no goberno e/ou representada en Madrid (o que SI vai supor un problema). Nesa liña si que ten veleno a declaración de EA de que o parlamento de Madrid non ten "dereito" a alterar o que en Euzkadi se dicida o que si constitue unha expresión non xa de autodeterminación futurible senon de soberanía real actual.

Entre mentres iniciase a campaña electoral das municipais/autoanémicas do 2007 i eu estou a agardar non a aparición dun novo medio de información republicano senon a sinatura dun pacto como o de San Sebastian de 1930 que conqueriu darlle á xente a oportunidade de decidi-lo seu futuro e cristalizou naquel 14 de Abril do 31 coa marcha da familia real (nesta ocasión non será necesário) e a proclamación da II república. Ó fio desto estivo xenial o derradeiro episodio de "7 Vidas" no que nunha ensonación cara ó futuro unha parella se pon diante da tele a ver un 'projrama do fígado' no que saen "otra vez la Leti y el Felipe... Anda que desde que proclamamos la republica no saben de que ganarse la vida": Simplemente xenial.

Os estrategas...

OUUUUuuuu

Dí o DRAG que estratexia é:
Arte de coordinar tódolos elementos que inciden no desenvolvemento dunha guerra, tanto no caso dun conflicto real coma no da prevención dun conflicto posible
e trátase, sen dúbida, dunha ciencia moi necesária na vida política sobor de todo si se plantexa a longo prazo e de xeito realista.

Conqueriu Alberte Nuñez Feijoo en Decembro facer palanca entre 'os boinas' camelando a papiBaltar e deixando no camiño a "pepe das fontes" (¿u-lo andas meu? que hai tractoradas que facer...); agora, tócalle salda-las contas con Cacharro... Apoiándose , outra volta noutro camelado.
¿Canto tardará papiBaltar en seren Senador e o Fillisimo en seren Eurodeputado?, ¿Será a deputación de Lugo o acomodo de Barreiro?; non coidara eu que este técnocrata ia ser tan bó descípulo de Maquiavelo.

Pola Zurda

Na mentres, ZP segue a facer escola... Eu cada día lle teño mais respeto no que é a "pura manipulación política" a este tio; meteu a Bono no goberno para telo ben controlado e deulle a carteira mais españolista que se me pode ocurrir... Non contento con elo agora que está a apuntalar un triunfo que vale unha absoluta (maioria); dalle porta e, cun xenial movemento de pezas, se fai co control do taboleiro da información privilexiada respecto ó proceso de paz que; para ben ou para mal, será cousa súa.

Pis, pas pun.

Enerxia e sociedade

OUUUUuuuu

A base da actual sociedade post-industrial segue a ser a dispoñibilidade de enerxía, o seu emprego "coma se non custase" i o emprego dos outros recursos e do medio ambente coma algo de 'usar e tirar'. O modelo de consumo irresponsabel centra os seus custos na producción polo que a lóxica das 'economías de escala' leva á tendencia de producires canto mais mellor ainda que seña de peor calidade. Os custos da distribución do producto son (si, ainda agora) marxinais e os custos do "post-consumo" están lonxe de seren tidos en conta mais aló dos novidosos e controvertidos informes de "pegada ecolóxica":
Indicador de sostibilidade. Defínese como a área de territorio produtivo ou ecosistema acuático (entendida como superficie bioloxicamente produtiva) necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos producidos por unha determinada poboación.
Se queredes podedes calcular a vosa própia pegada ecolóxica e, ó tempo, valorades o que se ten en conta no seu cálculo.

O tema foi tratado con exhaustividade e por voces diversas, mais autorizadísimas a pasada fin de semana nas xornadas sobor de enerxía e socieade organizadas por CiMA (Científicos polo Medio Ambiente) da que tendes un amplo resumo en crisis energética. Mais sabede que se voltou a falar do inevitabel 'peak' dos combustibeis fósiles, deste feito como verdadeira razón dos conflictos internacionais, de novas ameazas enerxético-climáticas e outros temas 'colaterais' como o emprego dos medios de in-comunicación e as estratéxias de márketing no fomento do consumismo egocéntrico.

Na mentras segue a guerra no Iraque e vese na lonxanía a próxima invasión: Venezuela. Tanto ten que o fagan como "alzamento popular" ou como invasión militar; o certo é que non van permitir a renacionalización do petróleo en Venezuela e xa escomenzan a traballar con outras estratexias coma: "Divide e vencerás ".

Revisionismo...

OUUUUuuuu

Disque a vinganza é "un prato a servir frio"; eu coido que de frío que vaí xa está pútrido i é fedorento, amargo... xa non repón a 'ofensa' sufrida e só crea novos motivos para o conflicto.

Sei que o que estou a escribir me vai crear enemistades, pero é o que penso. Sempre que os meus fillos pelexan e arguementan:
-"!!!Escomenzou él/ela¡¡¡"
sempre lles digo o mesmo:
-"Entón:¿quen e cando dexarán de por bombas?".

Nestas datas REPUBLICANAS vense repetindo o argumento da reparación da memoria histórica dos represalidados polo franquismo; búscase que a xente poda dar terra ós seus mortos e que se restitua a súa dignidade anulando os xuizos 'sumarísimos' en virtude dos que foron pasados polas armas. Até ahí pode ser todo normal...
Logo xa están os que dín reivindicar futuro e só argumentan pasado; os que manteñen como guia un goberno extinto hai 50 anos (tamén pasado polas armas) como si fose preciso resucitalo.

Unha NOVA república non precisa de argumentos pasados nin de vellas feridas. A reivindicación dunha forma de goberno completamente democrática e libre cun modelo de estado laíco e social sen trabes ás potencialidades dos cidadans non precisa de argumentos rancios.

Nen sequer sería preciso, coido, mencionar as evidentes vinculacions do actual xefe de estado co réxime imposto polos gañadores do golpe de estado. O só feito de se tratar dunha xefactura xenéticamente transmitida a invalida como forma democrática de goberno.

Ós nosos vingadores particulares lles pido que centren a súa furia non en xulgar a Pinochet´s, Milósevik´s e demais senon en deter os xenocidios actuais os que hoxe mesmo se están a cometer en moitos rincons da terra pois actuar sobor do pasado non vai modificalo nen vai a arranxa-lo futuro.

Memoria do futuro

Ainda que vai na liña do que acabo de criticar non quero deixar de vos invitar a que visitedes o manifesto "Memoria del futuro 1931-2006" elaborado por un grupo independente a prol da recuperación da memória histórica. Xulgade vos mesmos e asinade si o considerades convinte.