O pao, o átomo e as esixencias.

OUUUUuuuu

Escoitando as novas queda un extranado de certas verbas que son empregadas indiscriminadamente nun senso cando, coido, teñen outro.

No que respecta á suposta crise nuclear co Iran veño de ouvir que non fai caso das ESIXENCIAS da comunidade internacional i eu me pregunto; ¿Pódeselle esixir algo?, ¿Ten Iran suscrito o pacto de non proliferación nuclear?.

Trátase dun xogo no que catro teñen un pao e non queren que o resto o poda ter. Ben é certo que o pao é perigoso e que o sistema político do Iran non e nin tan sequer protodemocrático senon mais ben "ilusiodemocrático" (votan entre ós que lles deixan presentárense) mais non deixa de ser unha nación soberana.

Tamén é certo que non é o Iran quen mais pode precisar da enerxía nuclear "civil" e que os procesos de enriquecimento de uranio nos que se ten embarcado van dirixidos, caseque con seguriade, á "Teren pao".

Mais, falando de ESIXENCIAS da comunidade internacional e posibeis sancions a que as incumple podíase sancionar ó país mais contaminante, ó que produz o 25% do CO2 mundial···,···podiaselle presionar con inspeccions que demostraren unha e outra volta que a súa sociedade edonista, egoista e consumista exportada ó traveso dun modelo cultural-económico carente de valores de solidaridade sinceira e de verdadeira coresponsabilidade medioambiental, esa sociedade XA ESTÁ a producir millons de mortes por tan diversos mecanismos que é imposible calcular o custe real en vidas dun modelo que, recoñecen agora presionados pola súa lei de oferta e demanda, se está a esgotar.

Pensade unha cousa, si o voso país tivese uranio no seu territorio(e ainda que non o tivese) si a enerxía de fisión fose sustentable e non tivese perigos (accidentes, residuos...) e quixera establecer unha independencia enerxética enriquecendo por si mesmo o uranio para a súa rede de centrais.NON PODERÍA

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu oín algunha que Irán, non só firmou o tratado de non proliferación de armas nucleares, sinon que, ademáis, ten unha orde relixiosa (¿fatua?) co que se autoprohibe esas armas. Vai a haber que buscar a orixe das tensións noutro sitio, me parece.