OUUUUuuuu
Dempois de celebrar o 14 de Abril sen aspaventos mais con ledicia escomencei a ver as novas deses días nos telexornais... Seméllanme uns grandes pasos que no TD1 se chegue a decir que o goberno da república era o "goberno lexítimamente elexido" e que se emita que unha formación política do arco parlamentário reivindica a III república.
Logo chegou o "día da patria vasca" e tivemos que ouvir certas 'mescolansas' que coidaba esquencidas; só faltou o "aitá" Arzallus e o tema do RH.
Escudarse nunha institución medieval para dirixir un pais é tan retrógrado coma escudarse en "lexislacións" medievais para fundamentar "dereitos". Co engadido aberrante en ámbolos casos de tratar de englobar a figura medieval dentro o exercicio da democrácia... Eu coido que é un pouco á inversa. O Exercicio do dereito democrático (á elección do xefe do estado ou á autodeterminación) pode vir mediatizado por eses feitos históricos no canto do resultado dunha votación como expersión das sensibilidades dunha sociedade complexa e trocante na que os cidadans se ven impelidos a votar deste ou daquel xeito pola súa 'intrahistoria'.
¿Estragarán o proceso de paz en Euzkadi as ansias de "conducción"?. No PNV teñen moito respeto a ZP dempois de ver a xogada coa que solventou o tema do estatuto catalán devolvéndollelo a 'M'amargat' "limpo como unha patena" e co veleno da rutptura do tripartit.····mais coido que a situación das alianzas en euskalherria é diferente e non existe tanta disposición para "face-la cama" en EA nin a esquerda abertzale está no goberno e/ou representada en Madrid (o que SI vai supor un problema). Nesa liña si que ten veleno a declaración de EA de que o parlamento de Madrid non ten "dereito" a alterar o que en Euzkadi se dicida o que si constitue unha expresión non xa de autodeterminación futurible senon de soberanía real actual.
Entre mentres iniciase a campaña electoral das municipais/autoanémicas do 2007 i eu estou a agardar non a aparición dun novo medio de información republicano senon a sinatura dun pacto como o de San Sebastian de 1930 que conqueriu darlle á xente a oportunidade de decidi-lo seu futuro e cristalizou naquel 14 de Abril do 31 coa marcha da familia real (nesta ocasión non será necesário) e a proclamación da II república. Ó fio desto estivo xenial o derradeiro episodio de "7 Vidas" no que nunha ensonación cara ó futuro unha parella se pon diante da tele a ver un 'projrama do fígado' no que saen "otra vez la Leti y el Felipe... Anda que desde que proclamamos la republica no saben de que ganarse la vida": Simplemente xenial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario