A base da actual sociedade post-industrial segue a ser a dispoñibilidade de enerxía, o seu emprego "coma se non custase" i o emprego dos outros recursos e do medio ambente coma algo de 'usar e tirar'. O modelo de consumo irresponsabel centra os seus custos na producción polo que a lóxica das 'economías de escala' leva á tendencia de producires canto mais mellor ainda que seña de peor calidade. Os custos da distribución do producto son (si, ainda agora) marxinais e os custos do "post-consumo" están lonxe de seren tidos en conta mais aló dos novidosos e controvertidos informes de "pegada ecolóxica":
Indicador de sostibilidade. Defínese como a área de territorio produtivo ou ecosistema acuático (entendida como superficie bioloxicamente produtiva) necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos producidos por unha determinada poboación.Se queredes podedes calcular a vosa própia pegada ecolóxica e, ó tempo, valorades o que se ten en conta no seu cálculo.
O tema foi tratado con exhaustividade e por voces diversas, mais autorizadísimas a pasada fin de semana nas xornadas sobor de enerxía e socieade organizadas por CiMA (Científicos polo Medio Ambiente) da que tendes un amplo resumo en crisis energética. Mais sabede que se voltou a falar do inevitabel 'peak' dos combustibeis fósiles, deste feito como verdadeira razón dos conflictos internacionais, de novas ameazas enerxético-climáticas e outros temas 'colaterais' como o emprego dos medios de comunicación e as estratéxias de márketing no fomento do consumismo egocéntrico.
Na mentras segue a guerra no Iraque e vese na lonxanía a próxima invasión: Venezuela. Tanto ten que o fagan como "alzamento popular" ou como invasión militar; o certo é que non van permitir a renacionalización do petróleo en Venezuela e xa escomenzan a traballar con outras estratexias coma: "Divide e vencerás ".
No hay comentarios:
Publicar un comentario