Como aconteceu co troco climático o cenit (peak) da producción petroleira xa non é algo discutibel... Agora só queda seren verdadeiramente conscientes destes dous problemas intimamente relacionados e seren capaces de nos decatar que da negación non imos obter nenguha solución práctica.
O marco económico mundial terá que trocar para asumires que certos custes que foron despreciados á hora de adoptares a producción en masa e a globalización industrial (que non financieira) vanse tornar insalvabeis..
Se hai un mes saiu nos medios de comunicación unha nova de segunda liña na que un científico do JPL (laboratorio da NASA) denunciaba como as distintas administracions dos EEUU levaban "décadas" escondendo os informes que anunciaban un troco no clima debido ás emisions de gases de "efecto invernadoiro" do que dá proba por exemplo este informe sobor da duplicación da velociadade do desxeo en groenlandia na derradeira decada.
É evidente que esta negación ten moito ou todo que ver coas grandes empresas enerxéticas que non queren que se lles faga asumir os verdadeiros custos do seu negocio cargando toda a sociedade cos custes meioambientais (en tódolos aspectos: clima, saude, degradación meioambiental e biodiversidade...) e continuando eles a tirar beneficios; senon como se explica que as accions de estas empresas suban cando a orixe do seu negocio e as súas materias primas están en dúbida?.
E para mostra un botón do noso camiseiro... os 3561 MILLONS DE EUROS (si lestes ben "millons de €uros") que o estado español (é dicir todos nós incluidos os denostados catalans) imos ter que lle pagares ás empresas eléctricas por "déficit de tarifa" ou, digo eu, exceso de faciana sobor de todo dos anteriores gobernantes que foron os que liberalizaron o mercado eléctrico nestas condicions e sen forzaren nengun plan efectivo de reducción da dependencia petrolifera... como en Suecia.
Os nórdicos teñen, se cadrar, ainda mais necesidades enenxéticas ca eiquí e nembargantes se teñen posto en marcha para facerlle fronte a este problema ainda que cun horizonte temporal realista mais non dabondo: Queren eleimina-la dependencia do petroleo en 15 anos mais, segundo algunha das contas que hai por ahí este só vai durar 12...
E non, non van botar man da enerxía nuclear (ou non en exclusiva) teñen optado pola lóxica solución mixta i ecolóxica co cal evitan os riscos que ten unha reactivación do emprego da enerxía nuclear tal e como afirma este informe do Instituto Elcano de estudos estratéxicos:
La reactivación de la opción nuclear sólo tendría sentido y trascendencia si se hiciera globalmente y con una magnitud significativa. Ocurre, sin embargo, que un despliegue de centrales nucleares capaz de cubrir la demanda eléctrica mundial en las próximas décadas es inviable, por múltiples razones. Y un programa nuclear reducido a lo posible tendría poca incidencia sobre los precios del petróleo; no reduciría significativamente las emisiones de CO2; muy probablemente tuviera que hacer frente a una escasez de uranio fisible; monopolizaría las inversiones energéticas con un enorme riesgo financiero; generaría grandes cantidades de residuos de larga vida; empeoraría la seguridad, y aumentaría el riesgo de proliferación nuclear.Ó cabo até a mais ultraliberal administración ten que recoñeceren que algo hai que facer; ¿asinarán tamén os acordos de Kyoto?... Non teño dúbida de que as campañas militares das "tropas imperiais" só teñen que ver co control das fontes de petroleo e intuo que tras dos movementos extremistas islámicos hai outros intereses que precisan deste enemigo (e non outro: China) pois así manteñen as súas tropas perto da orixe dos recursos petroleiros e teñen en Xaque a Europa que ten unha elevada porcentaxe de poboación non só musulmana (que en USA tamén a teñen) senon con importantes ligazons familiares cos paises islámicos. A seguinte escala será no "patio traseiro" (Venezuela, Ecuador...) ó tempo.
Entrementres Spain segue sen un PLAN estratéxico que prime ó aforro enerxético, ás fontes alternativas e a responsabilidade no consumo e na adaptación/adopción de estas medidas. O IDAE seméllame non pasaren dun xogo lúdico e as medidas de calado están mediatizadas politicamente centrandose en Operacions Puramente Administrativas (OPA) e non en aproveitaren o tremendo potencial solar desta 'pel de toro'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario