Contra da opinión do temporal directamente vido de Groenlandia acudimos á terra do Deza a facerlle honra ó superheroi local...
O que, a diferencia de outros, se lle tira proveito de TODO
I é que co conto de dares conta do rei da "dieta galega" (versión inverno) xuntase xente do mais dispar. Entre saraiba e chuvieira con refachos de sol e cintileantes ventos 'forsa' sete ainda tivemos tempo de aplaudires o Pregón dese "home cromo" que é Gallardon... Digo o de cromo porque é o único co se lle podería facer un cambalache ó PP:
Trócoche o teu Gallardón por un PacoVazquez e regáloche a Ibarra. ('sejuro' que o non iamos notar moito)
O día grande en Lalin ainda houbo persoal dabondo para nos atascar o centro urban e sufrires certos atrancos nos locais... Se cadra demasiada xente; un día imos ter unha 'desjrasia' nese palco pois non baixan os de antes e segue a subir xente.
Eso que da "esquerda-esquerdosa zurda asquerosa" ainda non houbo nengún pregoeiro... que xa lles vale os da organización; que algun haberá que saiba mellor falar que outros dos que xa teñen ido... mais eu coido que ningúen coma o primeiro pregoeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario