Mostrando entradas con la etiqueta Común. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Común. Mostrar todas las entradas

Proposta de lembranza

OUUUUuuuu Non sei porqué mais o certo é que a web de "La voz de Deza" non me permite engadir a miña opinión na súa pregunta sobre que homenaxe se lle debera facer en Lalín ó 'fillo do muiñeiro'.

Coido que a ocasión é propicia para que se faga ese troco de nome na rúa principal da vila... Queirase ou non esta persoa deixou unha fonda pegada no Lalin do troco de século e, si ben cun estilo que non comparto, si que e certo que foi un protagonista do desenrolo da vila e da bisbarra.

NADAL

Non son meigo mais conxuro
Non son astronomo mais quero
baixar unha estrela do ceo
que non deixe queda-los esforzos valdeiros
que dé ós bós desexos oportunidade
e que o vento da fortuna encha velas e petos
deixándonos a nós mais perto
e ós problemas mais lonxe

O Xérmolo

OUUUUuuuu

Debera eu hoxe falar e refalar do cuarto aniversario do desastre do 'Prestige' mais coido que abondan as novas ó respecto e que hai opinions con mais peso e mais información que a miña que poden dicir o que opino (ou case): O desastre está esquecido nos medios, as súas causas e os seus causantes esquecidos están; as súas consecuencias e secuelas só as vemos o que sabemos onde ollar e só falla porlle data ó seguinte suceso.

Edición 19 de Novembro: en chuza referiron este artigo de Escolar que me semella ecuánime e independente.

Podendes ler este interesante artigo que xa chuzei e mais este monográfico do marine pollution bulletin ou este artigo de "ELpais" sobre o que se esconde baixo a alfombra de area...

Eu o que quero hoxe é plasmar algo que xa por coñecido non deixa de seren certo e que está no cerne dos problemas mais extendidos da nosa sociedade como son a violencia (en especial a mal chamada "domestica"), o egoismo edonista e o consumismo frustrador.

Ven a conto dun chiste vello que voltei a recibir e que dí algo así:
CURSO DE FORMACIÓN PARA HOMBRES

Objetivo pedagógico: Curso de formación que permite a los hombres desarrollar esa parte del cerebro de la que ignoran la existencia.
Los intereses los pagarán sus adorables mujeres una vez aprobado cada módulo.
* Módulo 1: Curso Obligatorio.
1- Aprender a vivir sin su madre (2000 horas).
2- "Mi mujer NO es mi madre" (350 horas).
3- Entender que el fútbol no es otra cosa que un deporte, que quedar fuera del Mundia no es la muerte (500 horas).(···)
Con isto nos estamos a rir da verdadeira orixe do problema i é que os machistas e o machismo non se xera espontáneamente senon que é FABRICADO a consciencia pola familia do futuro machista que lle inculca e lle consinte moitas das pautas de comportamento e valores que logo aplicará ó longo da súa vida e das súas relacions cos demais. Teño unha compañeira de traballo que dí que non existen os homes machistas senon as "nais machistas" e que son elas as que sementan o xérmolo do que logo sairá un machista ou, ainda peor, un maltratador.
I é que como dí este artigo de "o correo" o 88% dos homes seguen mantendo os valores machistas que dan base á violencia de xénero.
Claro que a culpa non é só das nais pois os rapaces ser son un espello do que ven sobre todo para o 'malo' (cómodo ou que proporciona vantaxe); si un neno vé que as fins de semana dempois de traballar os dous toda a seman o pai se ergue e se 'pira' sen tan sequera face-la cama ou preguntar sobre si fai falla algo esta claro que él "se apunta a ese carro" pois é o mais cómodo, si na casa llo consinten ou el ve que este tema xera tensión tentará sacar proveito delo (senon é parvo); si ainda por riba ten unha irmá que SI colabora na casa él quedará impregnado de que ese "es su papel". Xa só lle queda atopar á víctima propiciatoria que 'faga de nai'.
Entón ¿cómo inverti-la situación? pois co exemplo, coa disciplina nos feitos e con estratéxias que fomenten a asunción de responsabilidades no fogar dende a infáncia e o respeto ós demais.


ESTAMPITA

OUUUUuuuu

Levo tempo dándolle voltas a esto pois oubear o que penso pode xerarme enemistades mais...

Certamente como pequeno aforrador (cada vez mais pequeno pois é imposible bater a inflacción por medios legais e seguros) prodúceme certo temor a historia da posible estafa dos selos; perder os escasos aforros familiares que un coida seguros é un pao.

Mais pao é perder o ingreso suplementario que eses aforros investidos onde un consideraba seguros xeraban para complimentar á pensión de xubilación.

O certo é que 400000 persoas son moitas para seren consideradas "incautas"... !!Quen llas dera a certas formacions políticas como borregovotantes¡¡ (xente que vota á cegas). Esta vai ser unha das claves da inxusta solución política do tema.

Seguramente dun xeito ou outro todos acabaremos pagando ese Billon (1.000.000.000.000) de pesetas que se 'esfumaron' ainda que só sexa pola vía do impacto que a desaparición de tal cantidade pode supor nun sistema capitalista.···

Ben, a situación entón é que moita xente puxo aforros i esperanzas nunha xestión que estaba en tela de xuizo (reiterados avisos e denuncias das asociacions de consumidores) e que o fixo sen cercionarse de que ese investimento tivese unha rendabilidade baseada en algo real senon que se conformaron con recibir o pago mensual dos intereses. Nen tan sequera se preocuparon cando se lles dixo que eses dividendos NON TRIBUTABAN, semelloulles normal e SENTIRONSE MOI LISTOS e afortunados por teren atopado un xeito de que o froito do seu traballo (ou dos seus 'negocios') batese mes tras mes á inflacción sen o risco da bolsa nen os 'lios ficais' do investimento inmobiliario...

Agora pode que esteña a sair á luz un sistema piramidal no que os aforros das 'novas adquisicions' financiaban os intereses dos antigos pois os "bens tanxibles" nos que se investía estaban sobrevalorados (até un 800%). Levará 4 ou 5 anos chegar a un xuizo que promete ser unha batalla a varias bandas... Por un lado os acusados tentando demostrar non xa que a estafa non existía senon que se facía sen intención e sen proveito para eles; os afectados tentando "pringar" ó estado e as 'auditoras' como única esperanza de recuperar algo do investido (por moito que algún ainda insista en que "me sigan pagando como hasta ahora" -menuda faciana-); por outra banda os partidos políticos tentando aproveitar esa bolsa de votantes desesperados e botandose a responsabilidade uns ós outros; os medios de in-comunicación facendo 'carnaza' dos diversos dramas humanos (afectados, acusados, responsabeis de auditorias e inspeccions...).

Diante deste panorama eu, falador sen custe, quero proporlle ás autoridades que se asesore e axude ós afectados que ACEPTEN UNHA REVISIÓN DAS SÚAS DECLARACIONS DE IRPF E PATRIMONIO DOS ANOS QUE LEVAN COBRANDO DIVIDENDOS SEN DECLARALOS, nesa revisión deberanse aplicar os correspondentes xuros de demora e sancions por ocultar o cobrado; do mesmo xeito deberase xustifica-lo orixe dos cartos investidos. Pode que o balanzo non lles saia á conta.

A quen non lle vai sair esto ben é ó conxunto da cidadanía pois ó xa sinalado impacto da "desaparición" deses cartos do sistema xuntarase a retracción no investimento que a falla de confianza vai xerar, os custes da investigación e o xuizo (que se poderían adicar a outras causas)... Saben mais os economístas desto dos "impactos no sistema" mais coido que nos próximos anos xurdiran estudos titulados "o impacto da estafa filatelica no PIB" e cousas polo estilo...

DEMISIONS

Ouuuuuuu��� A todo porqui�o lle chega o seu San Marti�o; tal vez a frase non sexa xusta (Sobor de todo por Enrique), pero mais de un o pensar�a onte na FH Ver�n tras a demisi�n do Xerente e do "Outro"... � final foi o asunto das c�maras o que os levou por diante.�Como non o adivi�ei?, � evidente que Jos� M� Hernandez Cochon ( o conselleiro) non se ia presentar no parlamento de galicia nunha comparecencia sobor do tema sen ter algo que o parapetase da oposici�n. E oferta as cabezas dos seus m�rtires para aplaca-la sede de vinganza dos dema�s. Que non haber�a nos ambentes do PP local e provincial para evitar ou propiciar estas demisions?... Estar� implicado "cabez�n" no tema?...
O que estas li�as escrebe, coma primeiro presidente e logo coma secretario do comit� de empresa desco�ece si a sala da que se fala era ou non a das reunions do comit� na s�a �poca, moito o sospeitamos durante a negociaci�n do convenio, pero... Con Enrique non te�o nada que dicir, para min (persoalmente) non foi malo; incluso lembro que en medio de todo aquelo tivo a deferencia de preguntarme pola mi�a compa�eira cando estaba ingresada e ofertoume aplaza-la negociaci�n ata que tivese os meus temas en orde. Do "outro" non vou facer comentarios sempre pensei que era inmoral escreber contra algo por ter a natureza que ti�a e logo ser o seu dirixente e aproveitarse desa natureza para medrar.
Tal vez o que mais se puidese alegar de estas demisions en outro tempo non se alegre... ter� dabondo con que o seu nome apareza no BOP por deber recibos de contribucion... (ver BOP Ourense 22-03-03 ).