OUUUUuuuu
Levo tempo dándolle voltas a esto pois oubear o que penso pode xerarme enemistades mais...
Certamente como pequeno aforrador (cada vez mais pequeno pois é imposible bater a inflacción por medios legais e seguros) prodúceme certo temor a historia da posible estafa dos selos; perder os escasos aforros familiares que un coida seguros é un pao.
Mais pao é perder o ingreso suplementario que eses aforros investidos onde un consideraba seguros xeraban para complimentar á pensión de xubilación.
O certo é que 400000 persoas son moitas para seren consideradas "incautas"... !!Quen llas dera a certas formacions políticas como borregovotantes¡¡ (xente que vota á cegas). Esta vai ser unha das claves da inxusta solución política do tema.
Seguramente dun xeito ou outro todos acabaremos pagando ese Billon (1.000.000.000.000) de pesetas que se 'esfumaron' ainda que só sexa pola vía do impacto que a desaparición de tal cantidade pode supor nun sistema capitalista.···
Ben, a situación entón é que moita xente puxo aforros i esperanzas nunha xestión que estaba en tela de xuizo (reiterados avisos e denuncias das asociacions de consumidores) e que o fixo sen cercionarse de que ese investimento tivese unha rendabilidade baseada en algo real senon que se conformaron con recibir o pago mensual dos intereses. Nen tan sequera se preocuparon cando se lles dixo que eses dividendos NON TRIBUTABAN, semelloulles normal e SENTIRONSE MOI LISTOS e afortunados por teren atopado un xeito de que o froito do seu traballo (ou dos seus 'negocios') batese mes tras mes á inflacción sen o risco da bolsa nen os 'lios ficais' do investimento inmobiliario...
Agora pode que esteña a sair á luz un sistema piramidal no que os aforros das 'novas adquisicions' financiaban os intereses dos antigos pois os "bens tanxibles" nos que se investía estaban sobrevalorados (até un 800%). Levará 4 ou 5 anos chegar a un xuizo que promete ser unha batalla a varias bandas... Por un lado os acusados tentando demostrar non xa que a estafa non existía senon que se facía sen intención e sen proveito para eles; os afectados tentando "pringar" ó estado e as 'auditoras' como única esperanza de recuperar algo do investido (por moito que algún ainda insista en que "me sigan pagando como hasta ahora" -menuda faciana-); por outra banda os partidos políticos tentando aproveitar esa bolsa de votantes desesperados e botandose a responsabilidade uns ós outros; os medios de comunicación facendo 'carnaza' dos diversos dramas humanos (afectados, acusados, responsabeis de auditorias e inspeccions...).
Diante deste panorama eu, falador sen custe, quero proporlle ás autoridades que se asesore e axude ós afectados que ACEPTEN UNHA REVISIÓN DAS SÚAS DECLARACIONS DE IRPF E PATRIMONIO DOS ANOS QUE LEVAN COBRANDO DIVIDENDOS SEN DECLARALOS, nesa revisión deberanse aplicar os correspondentes xuros de demora e sancions por ocultar o cobrado; do mesmo xeito deberase xustifica-lo orixe dos cartos investidos. Pode que o balanzo non lles saia á conta.
A quen non lle vai sair esto ben é ó conxunto da cidadanía pois ó xa sinalado impacto da "desaparición" deses cartos do sistema xuntarase a retracción no investimento que a falla de confianza vai xerar, os custes da investigación e o xuizo (que se poderían adicar a outras causas)... Saben mais os economístas desto dos "impactos no sistema" mais coido que nos próximos anos xurdiran estudos titulados "o impacto da estafa filatelica no PIB" e cousas polo estilo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario