OUUUUuuuu Non sei porqué mais o certo é que a web de "La voz de Deza" non me permite engadir a miña opinión na súa pregunta sobre que homenaxe se lle debera facer en Lalín ó 'fillo do muiñeiro'.
Coido que a ocasión é propicia para que se faga ese troco de nome na rúa principal da vila... Queirase ou non esta persoa deixou unha fonda pegada no Lalin do troco de século e, si ben cun estilo que non comparto, si que e certo que foi un protagonista do desenrolo da vila e da bisbarra.
1 comentario:
A mín desta vez permitiume facelo, mais non sempre funciona ben dito servicio. Coido que non é o único, na web de "El País" tamén a miudo se quedan cortados os comentarios.
Pola miña parte, non me parece que mereza moitos máis recoñecementos, ainda o falaba este finde con algúns lalinenses, e a moitos nos semella que xa está ben de "San Cuíña". Deixando a un lado o lado persoal (obviamente), como político e de cara a posibles recoñecementos, quizáis só se lle deban computar os seus anos de alcalde de Lalín, xa que nos restantes cargos, supoñíase que tiña que mirar por Pontevedra primeiro e por tódolos galegos despois, e da a impresión de que só contaban os pontevedreses e os galegos nados no seu pobo natal, e ó resto, auga. Iso non é cumprir ben as súas funcións, dende o meu punto de vista, sempre subxectivo e sempre particular. Saúdos.
Publicar un comentario