OUUUUuuuu...Dende hai un tempiño adícome mais ó plano profesional nesto do blogueo e claro, o tempo non se expandiu tanto na escala local como para que poda escribir neste blogue e no outro co mesmo frenesí.
Así que vou Chuzando novas e facendo comentarios alí e vou deixando para eiquí cousas mais persoais, reflexions para as que outros teñen fiestras mais visibles e paridiñas varias que poden ler os amigos.
Desta volta veño a laiarme da perda de outra oportunidade para que os xogos olímpicos se celebren na península ibérica pois está claro que si os máximos representantes de dúas das tres institucions que deberan preocuparse de formular unha candidatura consistente teñen os seus cargos non a disposición da poboación que os elexiu senon á dun señor ou dun grupo de intereses pois non vai a avanzar. E iso que TODOS teñen os futuros arranxados (via pensión vitalicia e choio inmoral, digo incompatible).
¿Que necesidade hai de organizaren uns xogos deportivos comercializados? Eu , gosto do deporte que fago e non do que vexo e moito menos pola TV, coido que a celebración dunha olimpiada marca á xeración mais nova que 'convive' con ela pois cando o xogo do merkandeising e o cambalache remata o que queda é o futuro, o futuro desa mocidade que os vive con ilusión, con entusiasmo; que ten a oportunidade de contactaren con xente de todo o mundo nun mes máxico ó redor dunha actividade certamente lúdica.
Aínda mais razón se pode ter si realmente se demostra que os xogos deixan beneficio económico e un pulo de obras públicas e/ou privadas que agora, coa crise inmobiliaria xa iniciada, veñen ben para os traballadores do sector da cosntrucción (que as EMPRESAS hai tempo que 'diversificaron').
Cal é o futuro da candidatura? si os rivais "internos" de Gallardon chegan ó ministerio (vicepresidencia) de economía coido que malo; si os que quedan son os rivais "externos" moito terá que (con)ceder no eido da planificación para que se conquiran os compromisos de investimento precisos e calquer colaboura co bando contrario será collido por "Espe" como unha escusa para non colaborar dende a CAM... en definitiva: a perdedora é a olimpiada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario