OUUUUuuuu O domingo mercamos "El Pais" (ed. Galicia) en Viana do Castelo porque o podiamos ler de vagar mentras tomabamos un café na praça do chafariz... as novas da economía daríanme arrepios si esto no fose algo que se vira de lonxe e contra o que ningúen mais alzou a voz e, peor, contra o que ningúen que puido fixo ren porque as crises VAN NA ESCENCIA do actual sistema económico no que o xogo dos cartos non é realmente Inventar, Innovar, seren Creativo e traballar senon andar 'listo' e "sair a tempo" da trampa que eles mesmos tenderon. Por iso as contínuas mensaxes de tranquilidade sobre o sector da construcción mentras eles (as financierias, os bancos, as promotoras) diversificaban en metais preciosos, enerxías renovables e outros negocios con inmoroficios (beneficios inmorais).
Lendo lendo chegase a vaticinios sobre que na alimentación "rematou o barato" e que os altos prezos "están aquí para se quedaren" en esencia debido ó que hai tempo temos vaticinado sobre a incorporación de 2000 millons de persoas á economía de mercado e benestar con aspiracions e fondos para mercaren o mesmo ca os demais ó que se engade o crecemento do parche dos biocombustibles. Todo isto estaría ben si, na realidade, eses prezos altos se visen reflectidos por incrementos no precio que cobran os productores e que compensen a súa renda das subas que, á sua vez, sofren nos seus custes.
Mais non é así; como no caso dos metais nobres o prezo das materias primas agrícolas está a ser empregado como valor refuxio polos que fuxen e fuxirán da bolsa e do desastre do ladrillo e a consecuente crise nas entidades financieiras (via subprime ou morosidade ou o que seña) e, polo tanto, o seu incremento se queda na "zona oscura" da intermediación.
Así pois ainda que hai anuncios de incremento da renda media dos agricultores o certo é que estas só chegan ás grandes empresas i expolotación na mentres que o productor pequeno (que segue a ser a base no noso país) continúa a mal viver e a precisar de fortes endebedamentos para a modernización da súa actividade. As axudas ás novas formas de comercialización que eliminen barreiras entre o productor e o consumidor semellan unha boa iniciativa a seguir fomentando mais tamén a seguir estudando.
Porque os intermediarios teñen outro papel que o de acadar beneficio enganando a uns e a outros ... acumular cantidade do producto ten unha función própia na cadea de distribución sin ter porque afectar ou empregarse para afectar á "formación de prezos". Ahi é donde fallan iniciativas... Porque as iniciativas de distribución directa non acadan "masa crítica" para facerense rendibles no eido dos custes de almacenaxe e transporte e carecen de "carteira de clientes" con volume para manter un fluxo de pedidos constante que minimice riscos sobor de todo de stocks de perecederos. Haberá que fixerse nas solucions que empregan as redes de comercio xusto e voltar á idea de que as cooperativas poden servir tamén para vender e non só para mercar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario