O cancro do hiperbeneficio

OUUUUuuuu Aproveitando que Chuza! sufriu unha especie de dejavú vou facer un comentario que xa hai moito que teño no caletre tanto que, de feito, non sei si o terei xa escrito mais como a nova ven ó caso pois...

A nova.

O regulador monetario español (que xa pouco regula) ven de enviar un sinal ás caixas de aforros para que non manifesten incrementos nos beneficios mais aló do 10% senon que empreguen esa maior renda en tomar provisions contra a mais que posible desfeita no mercado das inmobiliarias e o incremento da morosidade entre os clientes que teñen (temos) un creto hipotecario.

Indo por partes; primeiro se demostra o xa coñecido de que as entidades que fan prestamos hipotecarios son as que menos desexan que a xente non pague porque eles sí que non queren os pisos para nada polo que existe unha falla de mercado; isto é alguén vaille sobrar algo que non quere...

As caixas de aforros teñen algo predido o seu papel 'social' cando se adican a competir no mercado dos cretos hipotecarios e invisten ó mesmo tempo nas empresas do sector; mais ben semellan ter unha "dirección comprometida" cuns cantos amiguetes...

Tercerio. Os reguladores i os economistas recoñecen que se poden "apañar" en parte os beneficios que se fan públicos cada ano.

O HIPERBENEFICIO

O que a min, lego da economimetría, me ten atribulado é o feito de que ó redor dos servizos que prestan as administracions se faga o falaz debate dos impostos empecinandose uns e outros en temas como a rebaixa de impostos ás empresas, a eliminación de impostos sobre grandes masas monetarias e a igualdade na tarifa impositiva.
En troques a min me ven ó caletre que os impostos deben seguir o ritmo da marcha económica de tal xeito que nas épocas de vacas fracas unha disminución de impostos permita "respirar" as empresas que realmente teñen problemas e nos ciclos alcistas unha suba de impostos faga de reeequilibrio entre os que se aproveitan de informacions e contactos para acadar incrementos de beneficios moi por riba do crecemento xeral da economía contribuindo así a 'enfriar' azos expansionistas.
Un imposto sobre o "incremento de beneficio" que grave ós cartos que superen ó incremento de PIB nun 10% a maiores do que xa lle correspondería (p.ex. en troques de paga-lo 18 pois o 25), e progresivamente (para 25% de hiperbeneficio un 35 de impostos etc.). Poderíase aplicar cecais non como un imposto senon como unha "obriga de depósito" algo que asegure que a empresa que acada ese 'hiperbeneficio' non marcha cos cartos na seguinte onda descendente senon que lle sirva ás administracions para proporcionarenlles as axudas neses ciclos restrictivos. Así remataría a sensación que temos moitos cidadans de que as empresas non 'comparten' nas vacas gordas e que logo hai que por entre todos para que non se afundan nas vacas fracas.

Ó cabo, si incluo esto no tag lerias é porque realmente se trata dunha 'constante mental' que me preocupa. As caixas de aforros naceron como ferramenta financieira de redistribución social e como apoio para as administracions que as participan e gobernan mais xa hai moito que se comportan coma empresas financieiras que só percuran beneficio cos clientes normais e danlle esas 'oportunidades' só ós amigos.

No hay comentarios: