OUUUUuuuu Onte o nivel de stress chegou a "escatro" e non sabía como facer unha nota para estes 'entrañados' días (entrañados porque todos en occidente levamos nas entrañas o que estes días significan por pura aprendizaxe condicionada).
Debera ter sido un día magnifico para mín, mais pasou como un día atribulado cheo de pensamentos que pouco podía imaxinar eu o día que fora, por fin, ó xuizo polo roubo da mochila...
Onte cobrei parte do que a sentencia ditaminou, o valor do "roubado" e mais unha indemnización. Quedan aínda os intereses dos dous anos dende que iniciei a carreira xurisdiccional primeiro en Ponferrada, logo en Madrid e finalmente en Barcelona.
No vídeo que enlazo poño a versión corta dun programa da TV3 de cataluña sobor dos estravíos de bagaxes nos aeroportos feito co galo da "crise do Prat" de Xullo. Subireino todo pero ó meu KANLEPALLEIRO.
Ó cabo, eu que falo sempre de todo e mal desta volta non me podo queixar demasiado; eu soiño me presentei no xulgado cun escrito e un montón de copias (Dos billetes, das cintas de facturación da equipaxe, as facturas do que tiña, os faxes i escritos intercambiados co servizo de atención ó cliente...) e me fun poñendo as pilas ata chegar ó xuizo que era a verdadeira meta. Gañeino e coidei que a compañia recurriría e xa remataría a leria para min, mais non, resulta que aínda debendo realizar unha chea de trámites o certo é que a sentencia foi firme.
Tiven que solicita-la execución e estar pendente de recoller eu o exhorto co mandamento de pago, igual que agora vou ter que estar atento ó tema da liquidación de interese; mais iso non é problema cando o que se reclama é xustiza.
1 comentario:
Hola gracias por tu visita a mi blog, en el mismo post te puse algunos de los sitios donde puedes comprar hallacas y pan de jamon en Coruña
A mi me gustan las de la Cafeteria Sabores en Santa Cristna por telefono las puedes encargar 981638020, pero hay otros sitios, si quieres mas informacion mi email esta en el blog. Espero que esto te sirva. Saludos
Publicar un comentario