OUUUUuuuu... Cometín o erro de tentar dar un 'flash' sobre o que realmente se está a xogar no cimeiro de Bali chuzando unha nova e linkando outras 3 para non pasa-lo choio de facer unha entrada que sei que non vai ler ningúen porque aportar non aporta ren.
Mais como son así de sentidiño e vin que algúen se molestou pois díxenme:"hala, agora hai que deixa-la peli para mais tarde e a escribir".
Plantexo: No cimeiro que a ONU organizou en Bali deberíanse negocia-los acordos que substitúan ó "protocolo de Kyoto" e posibiliten xa non a disminución da producción de CO2 senon o estancamento da súa producción.
Enredo: Como era de supoñer os paises que aínda non "disfrutan" do noso nivel de desenrolo entenden, non sen falta de razón, que teñen dereito a percorre-lo mesmo camiño ca nós no que atíngue a producción de enerxía de fontes non renovabeis e a emitir CO2 segundo as súas necesidades malia que alí sobre sol ou vento; entre outras cousas porque esas tecnoloxías lles resultan moi caras de implantar e de escaso rendemento para as súas proxeccions de crecemento.
E ahí cando entra os argumento cientistas do 'troco climático' ou, para seren mais exactos, da influencia das actividades humanas (directa ou indirectamente) nas variacions naturais dos parámetros climáticos. Unha teoría que existe e ten argumentos convincentes dende os anos 70 mais que ata o de agora fora tomada de "cogna" polas clases dirixentes.
Sei que o que vou plasmar non me creará simpatías mais é como o penso; por unha banda vexo que agora o tema do 'troco climático' é unha moda mais da sociedade consumista e vexo que non hai unha verdadeira acción á posible raiz do problema mais aló de tentar vendernos o que nos teñen que vender empaquetadiño nun envoltorio verde. É un "greenwashing" político ben dirixido por quen sabe que o negocio petroleiro remata e quer colocar en primeiro plano as alternativas que só admiten un tipo de producción industrial que manteña nas súas mans o 'oligopolio' enexético.
Non é tanto a presenza de voces e argumentos contrarios á tendencia xeral o que me fai pensar así; iso é o normal no mundo cientifico, a teoría da relatividade segue a ser controvertida nalguns aspectos e non pasa ren... o que me alarma son as voces que queren proclamar esta teoría como dogma (teño lido que coma delicto penalble) algo que é o culmen do anticientismo.
A contaminación por CO2 é un feito incotestabel e o seu efecto sobre o complexo sistema climático e o resultado de todo elo un enigma que non desmerece un grande esforzo investigador e preventivo; é por elo que acadar acordos en Balí é importánte tanto no plano da emisión de CO2 como das alternativas para a producción enerxética cara ó futuro.
Os estados europeos deben seguir percurando a reducción do consumo enerxético, a producción de enerxía menos contaminante e a "independencia" enerxética... e nesas entra en xogo, outra volta, o tema nuclear. Xa sinalei un estudo asisado do Instituto "Elcano" sobor do engano de pensar que a alternativa "atom" é a mellor para a independencia enerxética por múltiples motivos; pero o tema volta a estar na campaña política e todos sabemos xa por onde se decanta cada partido (PP, P$O€).
Un argumento a prol do que digo é que semella que o tema da contaminación só debe ser atendido no canto de afectaren ó clima, ou seña, no que respecta á emisión de CO2 e que; pola contra, no resto de contaminacions (das augas, da terra, dos xenes...) as alarmas dos mesmos investigadores que sinalan os perigos da aceleración antropoxénica dos trocos do clima non son atendidas sen tan sequera comentadas.
Segue sen atacarse o tema FUNDAMENTAL de que vivimos unha sociedade no que paga mais a pena tirar algo tras un primeiro uso e mercar outro producto que producir e mercar útiles e elementos con mais vida funcional. Segue a despreciarse a creación de zonas de conservación ABSOLUTA do medioambiente e o mantemento da diversidade da vida como garante ante problemas actuais e futuros. Pérmitense novos desenrolos xenéticos e tecnolóxicos sen probas sólidas sobre os seus efectos a medio prazo e sen coñecementos amplos sobre os seus mecanismos de actuación... Mais agora o CO2 é o único que conta; imos cegados polas bucinas dos medios mentras nalguns despechos no alto dos rañaceos rien...
1 comentario:
Estou case dacordo en todo. Isto é como as oleadas de ovnis dos 70-80: hai que entreter ás masas. Agora masas de consumidores, polo menos en Europa e no hemisferio máis favorecido. Ademais, son teorías pouco falsables, pois pouca xente ten tempo, cartos e formación para comproba-las. Coido que é unha nova relixión, e Al Gore é o seu profeta máis visible. Pero cando un le a Bryson (Bill) e nos di que o ser humano só ocupa un 12% do que é o planeta, fica tranquilo. É imposible que estraguemos o 100% en pouco tempo, e ós peixes abisais e ós protozoos máis simples pouco lles interesamos (así como ás miríadas de insectos que aínda non demos clasificado)
Publicar un comentario