OUUUUuuuu... O pobo venezuelano tivo a ocasión de votar nun referendum e decidiu que NON; 6 horas dempois de pecharen a votación o proto-dictador Chavez felicitou ós seus opositores polo triunfo e manifestou a súa intención de seguiren tentando a reforma constitucional que el promove.
Eses son DATOS. Logo cada quen se pode descolgar por donde queira...
Que si se quería perpetuar no poder, pois eiqui temos un xefe de estado nomeado por un DICTADOR golpista que non concorre a eleccions. Chavez incluia a reelección continuada do presidente da república o que quer dicir que, como neste caso, podería perde-lo cargo si o pobo venezuelano o dicidise.
Que a súa linguaxe é ameazadora, que non sabe comportarse nos foros internacionais, que o simbolismo que arrastra é de tempos pretéritos, que mezcla a imaxe romántica do libertador cos conceptos da revolución social... pois si; é un proto-dictador pero alí tiveron ocasión de votar nun referendum de revocación e mais en dúas eleccions e saiu reforzado. De defectos coma eses ou peores temos moitos exemplos na política ibérica: Un xefe de estado (non elexido nin revocable) que manda calar a outro nun foro internacional, un xefe de goberno que non facía outra cousa que lembra-los felices tempos do "pan e traballo", maquiavelicos manipuladores dos medios que van trocando de apoios ó son das enquisas e; cousa curiosa, a prohibición dos referendums ou, ainda peor, a convocatoria monopolistica dun ó estilo "esto ou o barranco".
Queda por ver como acepta Chavez en realidade o resultado; de momento ten sido mais democrático que outros que os tiveron peores e levan 4 anos de insidias a bombo e platillo dos seus medios afins...
O debate ó redor desto ten diversos niveis e conviría analizalos separadamente.
O nivel persoal: a persoaxe de Chavez causa sensacions contradictorias; moitos o vemos como a figura do proto-lider populista encumiado ó poder polo pobo mais pobre que agarda del a miragre que o saque da pobreza 'repartindo' e non mellorando... cos comportamentos xa comentados e con atitudes extravagantes mais tamén, hai que dicilo, cun punto de vista claro en moitas esferas.
A economía: Venezuela é o paradigma de pais rico empobrecido que quer culpar ós demais do que lle acontece e sermpre está a toma-las mesmas medidas contra 'os que nos rouban'; os meus pais xa pasaron por unha situación similar no final da anterior dictadura venezuelana antes de que eu nacera (alí). O que non se preguntan en Venezuela é quen é que ten os cartos venezuelanos na Suiza ou en Florida.
A politica: a "revolución bolivariana" semella quedaren polo de agora en 'Chavismo'; pode que este resultado permita aclarar pronto si o secuestro das forzas de esquerda pola figura deste home rematará e permitirá un movimento democrático e social de ampla base dentro dunha economía non colectivizada.
É certo, mantén boas relacions coa Cuba e con Fidel ó que dí ter por modelo...mais Fidel non convoca referendums nen eleccions con libre concorrencia.
Polo de pronto o referendum en Venezuela voltou a ser limpo, o resultado pode ter collido a moitos por sorpresa porque a prensa ibérica tiña moi machacado o tema do 'apaño' e resultou que non mais, claro, non rectificarán. En troques, na Rusia Putinista as eleccions SON unha fraude recoñecida mais os medios calan e falan de claro resultado a prol dun home que emprega tácticas mais insidiosas que organizaren "equipos" nos barrios do pais; este envía ás forzas especiais ou a axentes de paisano a 'resolver' as diferencias que teñan os seus disidentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario