OUUUUuuuu.
Boa ou non vánola facer tragar e, o peor de todo, a mesma xente 'demócrata' que SI fixo un referendum para o TCUE agora non o vai facer. Vese que é unha estratexia para que Francia e Holanda (sobor de todo) non se arrisquen a outro NON.
Sabedes que levo tempo dándolle voltas ó tema; envieille un escrito ó que, tras bastante tempo, me deron acuse de recibo e agora enviei a miña pregunta sobre o mesmo tema a "Zapiavelo".
Quero deixar constáncia de que, polo de agora, só estou en contra do xeito; non entro a valora-lo tratado ainda que existe xa información ó respecto e hai cousas realmente curiosas como a escepción para o R.U., o enmarcamento dos servizos públicos no mercado da competéncia, e alguns dos trocos nos procedementos decisorios... mais o que mais me alarma é a cesión de mais competencias e poder a órganos que non están ó alcance da cidadanía (Comisión e BCE) mais SI dos Lobbystas.
1 comentario:
Ola:
Xa che que interesa o do bus, mándoche os horarios. A fonte orixinal e da Región do sábado creo, como non o lembro, copiar-pegar:
Laza - Castrelo do Val - Verín:
Sábado: (non hai bus o venres, polo menos en principio)
Espero que o disfrutes coma min...VIVA O ENTROIDO!!
Laza - Verín: 16:00 - 20:00 -23:30 - 02:00 - 04:00
Verín - Laza: 16:30 - 21:00 - 24:00 - 02:30 - 04:30
Domingo:
Laza - Verín 10:45 - 14:00 - 16:00 - 20:00 - 23:30 - 02:00 - 4:00
Verín - Laza 11:15 - 14:30 - 16:30 - 21:00 - 24:00 - 02:30 - 4:30
Luns:
Soutelo - Laza - Verín: 08:00 - 13:00 - 15:15 - 20:00
Verín - Laza - Soutelo: 09:00 - 14:00 - 16:00 - 21:00
Laza - Verín 23:30 - 02:00 - 4:00
Verín - Laza 24:00 - 02:30 - 4:30
Martes:
Laza - Verín: 16:00 - 20:00 - 23:30 - 02:00 - 04:00
Verín - Laza: 16:30 - 21:00 - 24:00 - 02:30 - 04:30
Publicar un comentario