OUUUUuuuu Nin que fosen o puticlube... Anda a PseduoDedomcracia (dedocracia) moi liada coa dixitalización das listas electorais. Si só fose un o partido que ten estas prácticas... o estrano é o partido ou conxunto dos mesmos que ELIXE ós seus candidatos e comparte coas súa militancia á pertenza a unha coalición (a priori e a posteriori de negociar) e moito menos aínda a 'creación' do programa electoral e dos "facts" que se porían na mesa para apoiar a outras formacions na creación dun goberno ou os criterios de estabilidade do mesmo.
Xa teño dito dabondo do pouco lúcido que me semella que nun partido non haxa debate aberto pois ó final sempre chega unha "noite de coitelos longos" e se fai unha 'purga' o mais puro estilo stalinista coa súa colección de vinganzas e malas artes. Os partidos que se esforzan por mostrarense ENTEIROS non son outra cousa que "autoritocracias"; pirámides de iluminados designados como gardians disciplinares nos seus eidos coa promesa de accederen ó seguinte chanzo da escala do poder...
O complexo xogo de relacions persoais no que se convirte a "vida interna" dos partidos politicos fai imposible unha verdadeira democracia interna, desalenta a participación das persoas que queren opinar e escoitar opinions e van deixando en mans duns poucos o avance da formación; si o resultado é bó (como no futbol) o 'tecnico' sigue e senon... tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario