Arranxando o mundo

OUUUUuuuu

Hoxe no tempo de ocio nos adicamos a "arranxa-lo mundo" e acabamos falando de xeito colateral da conciliación da vida familiar e laboral e dos múltiples obstáculos que existen para ela entre eles os mesmos que pon a administración e os própios representantes dos traballadores da administración mais adicados á política que as cuestions 'sociais'.

Ven isto a conto da frase dunha compañeira: "É que estamos castigados por te-la sorte de traballar os dous membros da parella". Lapidario. O certo é que o emprego do IPREM como único criterio de admisión nas garderias públicas e como criterio para acceso as axudas para a custodia de fill@s acaba por 'sesgar' o acceso dos nucleos familiares nos que 2 ou mais convivintes traballen.

A brainstrom continuou debullando o caso das axudas que sí se outorgan sen condicionantes económicas e, sobor de todo, o incongruente das prestacions que ofertan moitas garderías públicas con horarios non compatibles co acceso ó mercado laboral e con carencia de servizos de comedor ou de transporte tanto ó fogar d@ cativ@ como ós centros escolares públicos por non falar xa das cualificacions do persoal das mesmas e os seus coñecementos respecto ás actitudes c@s nen@s 'normais' ou que padezan procesos patolóxicos de calquer tipo...

Mais incongruente é que empresas con intenso emprego de capital humano e maioritariamente femenino non presten este servizo e que a suposta representación social se adique a reivindicacions de tipo político ou que serían competencia das asociacions de usuarios e consumidores. Xusto nos lugares onde a natalidade aínda está a recuar porque as medidas tomadas NON SON APOIO EFECTIVO mais que para quen non traballa sería precisa unha mellora e ampliación da oferta de prazas de garderías ou, incluso, a apertura de garderías nos citados centros de traballo que permitisen unha verdadeira conciliación da vida laboral e familiar e rematasen son "pseudofraudes" como o da 'hora de lactancia' acumulable.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ah!!jiji...un día destes hei ter problemas por non lembrar que deixo os meus datos nos océanos cibernéticos...ji...Que sí, que a cea é o 1 de febreiro.Déixoche o programa.Espero non ter gripe para entonces...
http://usuarios.lycos.es/peliqueiro/arcael/lazaentroido__2008.htm