Debera eu hoxe falar e refalar do cuarto aniversario do desastre do 'Prestige' mais coido que abondan as novas ó respecto e que hai opinions con mais peso e mais información que a miña que poden dicir o que opino (ou case): O desastre está esquecido nos medios, as súas causas e os seus causantes esquecidos están; as súas consecuencias e secuelas só as vemos o que sabemos onde ollar e só falla porlle data ó seguinte suceso.
Edición 19 de Novembro: en chuza referiron este artigo de Escolar que me semella ecuánime e independente.
Podendes ler este interesante artigo que xa chuzei e mais este monográfico do marine pollution bulletin ou este artigo de "ELpais" sobre o que se esconde baixo a alfombra de area...
Eu o que quero hoxe é plasmar algo que xa por coñecido non deixa de seren certo e que está no cerne dos problemas mais extendidos da nosa sociedade como son a violencia (en especial a mal chamada "domestica"), o egoismo edonista e o consumismo frustrador.
Ven a conto dun chiste vello que voltei a recibir e que dí algo así:
CURSO DE FORMACIÓN PARA HOMBRESCon isto nos estamos a rir da verdadeira orixe do problema i é que os machistas e o machismo non se xera espontáneamente senon que é FABRICADO a consciencia pola familia do futuro machista que lle inculca e lle consinte moitas das pautas de comportamento e valores que logo aplicará ó longo da súa vida e das súas relacions cos demais. Teño unha compañeira de traballo que dí que non existen os homes machistas senon as "nais machistas" e que son elas as que sementan o xérmolo do que logo sairá un machista ou, ainda peor, un maltratador.
Objetivo pedagógico: Curso de formación que permite a los hombres desarrollar esa parte del cerebro de la que ignoran la existencia.
Los intereses los pagarán sus adorables mujeres una vez aprobado cada módulo.
* Módulo 1: Curso Obligatorio.
1- Aprender a vivir sin su madre (2000 horas).
2- "Mi mujer NO es mi madre" (350 horas).
3- Entender que el fútbol no es otra cosa que un deporte, que quedar fuera del Mundia no es la muerte (500 horas).(···)
I é que como dí este artigo de "o correo" o 88% dos homes seguen mantendo os valores machistas que dan base á violencia de xénero.
Claro que a culpa non é só das nais pois os rapaces ser son un espello do que ven sobre todo para o 'malo' (cómodo ou que proporciona vantaxe); si un neno vé que as fins de semana dempois de traballar os dous toda a seman o pai se ergue e se 'pira' sen tan sequera face-la cama ou preguntar sobre si fai falla algo esta claro que él "se apunta a ese carro" pois é o mais cómodo, si na casa llo consinten ou el ve que este tema xera tensión tentará sacar proveito delo (senon é parvo); si ainda por riba ten unha irmá que SI colabora na casa él quedará impregnado de que ese "es su papel". Xa só lle queda atopar á víctima propiciatoria que 'faga de nai'.
Entón ¿cómo inverti-la situación? pois co exemplo, coa disciplina nos feitos e con estratéxias que fomenten a asunción de responsabilidades no fogar dende a infáncia e o respeto ós demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario