OUUUUuuuu

Outra volta nesta data veu a lembranza a me visitar mais, como aquel himno románticista, atopeina estrana e xigante. Apuntada polas luces na noite a egrexia figura refulxía contra o ceo plomizo e non a recoñecía. ¿ou non me recoñezo a min mesmo?.

Achégase a cifra do tango mais eu si coido que é algo e o meu ollar así mo demostra. Tento observar e non lembrar os pasos polas asperezas das esquinas deses vellos recunchos que sempre acoden a mín a pouco que descanso da febril actividade cotian; retahila rutinaria recorrente e reiterada que é a vida en si mesma e que semella roubarma.···

Cavilache algunha vez na vida que che queda por diante?
Morrer os pais, marchar os fillos; a vellicie dos corpos...
eses son os acontecimentos que quedan por diante
as verdadeiras marcas do paso do tempo.

Como dixo onte F.G.: "Cando o horizonte diante dun é menos que o que se ten detrás".

Ven a aurora; ¿borrará esta brétema de lembranzas oníricas que pecha os cúmios por acadar?.

No hay comentarios: