A tregua

OUUUUuuuu

Non son eu un cronista politico privilexiado con contactos ou que ten acceso a esta clase de eventos, mais vexo moi claro que a "escenificación" destes días non é a dunha reconciliación senon a dunha tregua.

Papá Baltar conqueriu "colocar" ó seu fillo e o bando da boina conqueriu frear temporalmente a súa liquidación. A inclusión de "Pp o do muiñeiro" e outros individuos na executiva do PPdG non cadra con ton crispado de quen se ve pillado por unha situación e se conforma con gañar tempo.

Declaracions como:

Non houbo crise senon intercambio de opinions.
Con Fraga pódese dialogar, pero cando a un lle queren impoñe-las cousas...
Este partido non ten fendas.
O candidato (¿a que?) deberíamolo elexir en galicia.

Son contradictorias entre sí e non fan mais ca indicar o que xa dixen; os puñais non están gardados, están cravados na mesa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non hai mais ca leer este artigo de GALICIA DIARIO para ver que o que pasa é a definitiva toma de posicions para cando o dinosauro morra.