OUUUUuuuu
Dando unha volta por ahi para non perder puntada cheguei a un curioso artigo de news.com no que se fala de que o MP3 perde presión no que se refire o almacenaxe de música.
Claro, resulta que se incrementa o emprego de WMA e de AAC os dous formatos propietários das duas maiores compañias de software e vehiculos das súas redes de venta electrónica de música (itunes e msn).
Si ben é certo que agora un gran número de "trebellos" electrónicos soporta WMA non é menos certo que a grande maioría só é compatible con MP3 e que, si un sabe configurar ben o bitrate, pode conquerir unha grande calidade de audio en arquivos relativamente pequenos con MP3.
Todo esto co engadido de que o case todo o software necesario para traballar todo o proceso con MP3 (ripeado, edición, etiquetado, almacenamento, audición, queimado...) está dispoñible de xeito gratuito e case sempre en código aberto. Polo que coido (co meu habitual mal pensar) que estamos na onda dunha campaña de opinión para ir "deixando de lado" ó MP3.
Por certo, se vos convencen de que o MP3 ten escasa calidade para a vosa mùsica favorita tal vez deberiades estuda-lo emprego de Monkeys studio e o seu formato .APE; preguntádelle a "san google".
1 comentario:
Non teño dúbida de que se trata dunha campaña... o estudo ó que se refire estoutro Artigo é o mesmo, pero dende outro medio o que; na miña opinión demostra que a bola xa está a rodar.
Publicar un comentario