OUUUUuuuu Nesta ocasión non participo nas listas electorais mais si participo no tema do vídeo. Xa leva 10000 visionados e alguns comentarios mais non escribo para pedi-lo voto senon para facer algunhas puntualizacions.
Non entendo ben porqué RTVE e Youtube poñen unhas condicions que logo non fan cumplir... Só 1 vídeo por conta, 30" de duración... e non entendo porqué algunhas persoas que preguntan se teñen que esconder para preguntar (non mostran a súa faciana, non din o seu nome, falsean a voz, poñen carteis...) se creen realmente no que preguntan. E tampouco entendo porqué SI hai vídos 'censurados' que, semellan, cumpli-los requisitos.
Enviareille estas queixas ós organizadores mais sei que non valerá de moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario