OUUUUuuuu... Novamente fomos a botar (polo menos eu que sempre que o presidente de mesa dí "vota" dou un saltiño). Mais como veño teimando nos derradeiros tempos o grande gañador da campaña e, polo tanto, dos cómicos -si volto a por cómicos- foi o BIPOLARISMO-escañado. Fíxome gracia o sr. Blanco falando de "pluralidade social" cando estaba a dicir que o 90% dos escanos o reparten duas opcions; semellaralle que ainda hai demasiados partidos.
O certo é que o "BI" está instalado na consciencia colectiva e que aínda vai a ir avanzando; porque ó gañador técnico desta xeira non lle queda mais remedio que pactar e ó opositor só lle queda a estratexia do desgaste desa necesidade de pactar e a crítica feroz do pacto en sí mesmo. E todo pola teima que temos de pensar que si o noso voto -o persoal- non acada reflexo nun representante, non ten valor. Como si o representante acadado o puidesemos vixiar, obrigar, ameazar coa reitrada do apoio; bueno, como si realmente fose representante e non unha persoa que colle un 'acta' e fai o que lle peta nos vindeiros catro anos. Como dixo a miña compañeira; como no futbol ¿que fai tanta xente de Ponferrada sendo do Madrid ou do Barça?: Sentirse representado e coidar que ten oportunidade de que quen o representa acade éxito.
Unha teima infantil na nosa consciencia nos impide votar con ela e un artificio matemático axudado polo cercenamento das que son 'verdadeiramente' as forzas minoritarias (as que non acadan a porcentaxe precisa para entrar no reparto) fai o resto e desta volta fixoo a prol do P$O€ que transformou menos de 4% de vantaxe en votos nun 5% de escanos.
Ó BNg semella que non lle foi tan mal; mais si se miran de perto os resultados a perda de votos nas cidades -futuro demografico á alza- agás en Compostela se viu compensada por un cremento moderado nos núcleos medianos e pequenos que, demograficamente, teñen menos 'percorrido'.
Ainda eu "Fedeguico" se frote as mans o certo é que ERC baixou pola abstención dos seus votantes e que os 'seus' escanos os acadan PSC, CiU e PP ainda que estes dous últimos perden votos... Coido que mais chasco levaria Citadans que non viu reflexado nas xerais o acadado nas autonómicas.
Rosa Diez acadou seguir vivindo da política 4 anos mais e, con elo, a pensión vitalicia. Fixo "pupa"?? xa se verá si a fai como deputada.
2 comentarios:
Comentas que o BNG non ten bo resultado xa que baixa no voto urbano, mais sube no rururbano (vilas). Eu coido que é precisamente todo o contrario. Se un fai unha análise detallada da evolución poboacional nas grandes áreas urbanas (moi particular en Vigo e Coruña) é precisamente o voto máis novo o que se asentou nas vilas e concellos rururbanos. Unha boa parte da mocidade e novas parellas con fillos de vigo, santiago, ourense, a coruña non viven neses concellos, mais nos limítrofes: teo, ames, o morrazo, o porriño, redondela, ponteareas, tomiño, gondomar, cambre, carral, oleiros, arteixo, carballo... e ahí onde o bng está a experimentar bos resultados. Por outra parte, está a acontecer algo ao que non se lle dá a importancia precisa (seguramente por intereses fácticos): comezou o trasvase de votantes maiores de 65 anos do PP ao BNg. A imaxe de Quintana é a que está a ser das máis valoradas entre os 3 líderes galegos polos maiores de 65 do rural.
Penso que o bng está a recoller votos dos dous polos máis importantes: votantes de 30-40 anos e os maiores de 60 (que coincide coa política fundamental da xunta: vicepresidencia, vivenda e medio rural). Ollo ás autonómicas.
É unha prespectiva mais elaborada que eu non abordara; o que comentas de onde se está a asenta-la xente nova...dende logo os que non temos moitos recursos non podemos asentarnos nas grandes cidades mais si na periferia (rururbano).
O do trasvase de votos de maiores non o comparto; e case desexo que non sexa así si o prezo a pagar e ter que montar "aparello de carrexo" do que SEMPRE me avergoño e sempre se rexeitou dende esa formación.
Gracias polo oubeo.
Publicar un comentario