OUUUUuuuu...Non puido ser. Outra volta a pantomima da votación vese entorpecida pola tolemia dos cobardes. Outra volta 200 vidas ou unha ¿que mais ten? segada(s) por non se sabe ben que crime ou en nome de qué patria ou por mor de qué dignidade ou en virtude de non se sabe qué concesions que non se queren facer...
Mais a parodia lonxe de parar como anúncian os heraldos arrecia e as declaracions coas que os compañeiros do brutalmente asasinado cidadán xa tiñan un 'regusto' algo raro. A mensaxe aclarouse coa sucesión: ETA pide a abstención, ETA asesina, Non lle queremos dar gusto a ETA, ZP pide unha maioría ampla... Coidei que era unha paranoia miña; catro anos escoitando teorías conspiranoicas tiñan que ter algún efecto secundario.
Tiven que viaxar i estiven escoitando RNE de seguido; todo tiña a mesma cor; un SI pero NON, un deixamos mais pedimos.
O colmo do despropósito foi escoitar e ver á furgoneta do BNG pasando a megafonía polo Barco de Valdeorras ás 7 da tarde. E coitado, pensei que xa non se podería ir mais lonxe... Logo, na volta, escoitei o esperpento do pleno de Arrasate no que ANV fixo o seu 'papel' mais decidiu deixa-lo bastón de mando a EB-IU para os actos do sepelio...
Xa mais de noite de camiño da clase de gaita o remate da mán da persoa que falou no nome do PP á saida da xuntanza no congreso dos deputados no que se asinara un documento unitario de condea do atentado. ¿Tanto insitir na unidade dos demócratas para logo sair anunciando a súa posición particular cando a xornada de reflexión xa se iniciara 'de feito'?. Qué baixo me semella. Insitir nas teses sostidas durante a campaña neste intre É pedi-lo voto i É insistir no único tema no que o PP "recauda" votos: O MEDO.
Sego a defende-lo papel da negociación como resolución final dos conflictos e da libre expresión da vontade das persoas, mais NUNCA por baixo do valor da vida das persoas. É por elo que coido que o único que estivo atinado nas súas decalracions foi o señor Lendakari.
No hay comentarios:
Publicar un comentario