OUUUUuuuu... Neste día moita xente pensará que realmente vive nun país "punteiro", un país que está entre os 20 primeiros do mundo... ¿por? polo medalleiro olímpico.
Como resultado dos xogos olímpicos; un espectáculo comercial montado en torno a múltiples competicions deportivas disputadas por seleccions nacionais ben por equipas ben individuais, faise unha clasificación de países segundo si as súas seleccions ou participantes acadan a primeira, segunda ou terceira posición das diversas competicions. Eso de verse nesa táboa fai creer a moita xente que, en efecto, viven nun pais punteiro.
Outra xente mais apegada ós bens materiais coida que a importancia dun país se mide polo que produce (e polos residuos que xera) sin ter en conta quen consume eso que produce ou a canta xente lle aproveita esa producción e o beneficio económico (si o houber) dela... porque non é o mesmo producir materias primas que ben de consumo industrial ou manexa-lo sector financieiro como se pode ver na correspondente gráfica.
Mais, ó cabo ó que as persoas queremos non é SEMELLAR (medallas) ou TER (PIB) senon SER "felices"... e vese que as diferencias na clasificación dos países segundo a xente se declara "feliz"... ningún dos tres primeiros figura entre os 20 primeiros das outras táboas agás Suiza que está de 20º na táboa do PIB.
Pode que o mellor xeito de sabermos si estamos "no lugar axeitado" sexa unha combinación... ou non; cada quen terá a súa preferencia segundo o seu momento na vida e, ó cabo, ¿qué tanto ten vivir nun país que nen tan sequera existe para esas estatísticas?
Non precisamos comparacions; precisamos creer en Nós mesmos como viables, sostibles e futuribles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario