Ó redor do Burkini


E quen identfica a estes?
Hai unha leria moi grande ó redor do tema dunha prenda de vestir seica específica para o baño e deseñada por unha australiana musulmana para poder bañarse respetando o que marca a súa relixión...

O problema principal é que, en realidade, non se está a xulgar á prenda de baño senon ó suposto de que as mulleres que a empregan o fan obrigadas, contra a súa vontade.

Ten graza (ou non) que se fale desta obriga por motivos relixiosos mentras permitimos que a presión social "obrigue" ás mozas a andar con prendas tan pouco estéticas como os Chochorts, patangas ou tangalons...

A prenda pode, incluso, ser útil ou necesaria para que persoas que ben por problemas de saúde ben por tomar tratamentos específicos non poden exporse ó sol e que grazas a esta prenda se poderían bañar no mar e disfrutar da praia.

Respecto á falta de hixiene... Que tal un estudo dos bañadores das piscinas municipais?? non cuspamos para arriba que... 

Adúcese tamén que pode ser un risco para a seguridade porque non se pode identificar ás persoas que os portan... esto é un argumento falaz e de dobre fio e pode que acabemos prohibindo os capirotes dos cófrades da semana santa ou as mantillas... ahh que non, que é unha prenda relixiosa... ohhh wait¡¡ Eso por non falar dos disfraces de entroido... Prohibir o cigarrón, o peliqueiro ou a pantalla?? NIN DE BROMA¡¡

Pois iso que igual que para as prendas mencionadas as persoas que leven prendas para tapa-la cabeza por mor da súa profesión musulmana teran que poder ser identificadas en calquer intre mais non por elo se pode prohibir o seu uso.

O xogo dos radicais islámicos é identificarse eles coa súa relixión e facelles creer os seus correlixionairios que o castigo que merecen os seus actos de terror se lle infrinxe á relixión de Alá: a tódolos musulmans cando non é así. Non deberamos caer en prohibicions burdas porque ademais conteñen graves contradiccions con tradicions do cristianismo que vemos como "normais" porque simplemente as levamos vendo toda a vida

Non quere dicir esto que deixe de pensar que o mundo islámico está na súa edade media, só que nós non debemos voltar a ela.

No hay comentarios: