Proletario planetario

OUUUUuuuu...

Unha vez mais é o día dos Maiosaurios mais nesta ocasión a emerxencia lles obriga por fin a trocar algo as formas e nunha reviravolta do absurdo acepta-las ferramentas de aquelo que din detestar: A globalización tecnolóxica.

O dín detestar mais no fondo só pensan o mesmo que os patrons: producir para vender a escala planetaria... a sustentabilidade non lles importa nada só (din) o "emprego"... ese que marchou a territorios con gobernos laxos e que veñen exercendo un "dumping social" dende vai décadas para maior beneficio das grandes corporacions.

Nesta pandemia quedou patente non só a dependencia industrial (mascarillas, batas, traxes...) senon tecnolóxica (máquinas, reactivos de análise, respiradores...) todo se fai "alí onde sae mais barato" ¿barato? ou ¿"alí onde os que o fan non teñen dereitos"?.

Mais os Maiosaurios seguirán co seu discurso de "loita de clases" de pacotilla esquecendo que no seu intre aquí se xogou a esa carta... "ser mais baratos" ¿ou porqué viñeron as fábricas de coches e electrodomésticos?... sen recoñece-lo pasado non se pode facer presente.

E mentras o verdadeiro tema: O consumo irresponsable de recursos, os productos de usar e tirar, o lixo, a contaminación seguen campando ás anchas. Ás veces desexo que sexa verdade que o SARS-CoV-2 aniñe nos sitios con mais contaminación industrial... mais eso sería unha barbarie similar a calquer Gulag ou Campo de exterminio nazi.

En fin, agardemos que de esta crise saia un novo traballador xa principalmente de servizos e xa consciente da necesidade da sustentabilidade; un traballador que non pida incrementos de producción senon eficiencia limitada e mais i+D+I en ciclos económicos que consuman menos recursos e deixen menos lixo. Un traballador que actue en local mais pense en global e non nun mercado global senon en tódolos seres do globo. Un verdadeiro proletario... un novo PROLETARIO PLANETARIO.

No hay comentarios: