Innecesario.
Hoxe é o NBD Unha data como outra calquera na que se pode decidir non mercar...
O Hiperconsumo é o triunfo da publicidade; moita xente recoñece que mercar lle "pon" e que lle frustra sair por unha cidade e voltar á casa sen mercar ren. Dende esa óptica o consumismo ten un prezo importánte tanto para a economía domestica como para o equilibrio necesidades-recursos do noso planeta. Evidentemente tendo a tódolos medios de comunicación financiados mercede á publicidade non é de estranar que unha reivindicación deste tipo non teña a mais mínima acollida nos medios de comunicación.
Xa tería mérito que unha reivindicación deste calibre se fixera dentro dun mes en plena voráxine hiperconsumista; na que o que semella importar non é o que se cacarea (fraternidade, familia etc.) senon o valor do que se merca...
E agora, a de area: ¿de verdade se pode pasar un día sen mercar ren?; eu penso que non... dende que desapareceu o trueque e se fan pagos electrónicos é moi, pero que moi dificil non pagar ren un día. Un paga a diario a luz, as comunicacions, os impostos... mais como cho cobran a final de mes non te fas conta de que o gasto é diario.
Bueno, a celebralo ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario